VII Torneo de Fútbol Sala “O Pasatempo”

Chega unha das citas deportivas mariñas máis consolidada no calendario nos últimos anos, falamos do Torneo de Fútbol Sala “O Pasatempo” que por oitavo ano consecutivo se celebrará no pavillón de deportes Viñas da Veiga de Mondoñedo, será os días 10, 11 e 12 do próximo mes de xuño. 

received_10156898300300574
VII Torneo de fútbol sala “O Pasatempo”

Escadras galegas, asturianas e leonesas chegarán a cidade episcopal para pelexar polo título, onde se darán cita xogadores de 1ª ou 2ª división nacional deste deporte.

O torneo que se celebra no formato marathon conta con numerosa afluencia de público sobre todo nas noites do venres e sábado, e por suposto nas finais do domingo, este ano de seguro que a tónica continuará.

Para esta edición os premios son os seguintes:

– 1° clasificado 1700€ + trofeo
– 2° clasificado 700€ + trofeo
– 3° e 4° clasificados 250€ + trofeo
– Mellor equipo local 150€ + trofeo
– Último clasificado: tarta de Mondoñedo (novidade este ano)
– Trofeo ó mellor xogador, máximo goleador e mellor porteiro (todos os trofeos son artesanais) e premio tamén para o MVP da final, elexido polo público asistente.

A inscripción ao torneo ten un custo de 120 €, todos os equipos inscritos contarán con descontos para o aloxamento nos locais da cidade mindoniense.

O torneo contará para todos os partidos con árbitros da Federación Española.

Para anotarse podedes facelo nos seguintes teléfonos: 630314749 e 651958770 (tamén por whatsapp).

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.016

Mondoñedo É Poesía

NOTA INFORMATIVA

 MONDOÑEDO É POESÍA 2016

30 de abril e 1 de maio de 2016

 “Mondoñedo é poesía 2016” é un conxunto de actividades culturais enmarcadas na programación das tradicionais Feiras e Festas das Quendas, que se celebran desde 1541 (hai 475 anos) en Mondoñedo, cidade creativa e cultural, capital galega da poesía.

Cartaz evento

Nesta terceira edición convócase, como nas anteriores, a numerosos autores e autoras (escritores, músicos, debuxantes, libreiros, críticos …) que participarán en diferentes propostas culturais a realizar nas rúas, prazas e espazos culturais da cidade de Mondoñedo ao longo das xornadas 30 de abril e 1 de maio.

Mondoñedo é poesía 2016” incrementa nesta edición as actividades complementarias coa celebración da I ExpoLIBRO, exposicións, obradoiros e recitais que culminarán o domingo, 1 de maio, co recital poético-musical.

 ACTIVIDADES PROGRAMADAS

OBRADOIRO DE REGUEIFAS, a cargo de Josiño da Teixeira. En colaboración coa Tradescola de Lugo.

O luns, 25 de abril desenvolveranse dúas sesións, unha no IES “San Rosendo” e outra no CEIP “Álvaro Cunqueiro”

DEBUXANDO MONDOÑEDO (SKETCHCRAWL GALICIA, 2ª edición). Sábado, 30 de abril (de 11:00 a 19.00 h.)

12967944_10204863592104243_2833100585062804657_o
Debuxa Mondoñedo

Debuxantes e pintores cítanse nunha quedada en Mondoñedo. Percorreran as rúas tomando apuntes da cidade e das xentes ao vivo e que se difundirán a través das redes sociais. Ás 19:00 h. debuxantes  escritores reuniranse na Escola da Música para unha posta en común das diferentes experiencias.

Lugar de cita ás 11:00 h. na Praza da Catedral.

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA: “Mondoñedo sentimental (Vidas e paisaxes)”.

Fotografías evocadoras do pasado mindoniense.

13029534_10204872832255241_6989729254434327124_o
Expo fotográfica

Sábado, 30 de abril e domingo, 1 de maio, no Auditorio Municipal “Pascual Veiga” (visitas de 11:00 a 14.00 h., e de 16:00 a 21:30 h.)

ExpoLIBRO 2016 (Programa)
ExpoLibro 2016

EXPO-LIBRO MONDOÑEDO

Feira de libros. Sábado, 30 de abril e domingo, 1 de maio, na Praza Jaime Cabot (de 11:00 a 14.00 h. e de 16:00 a 20:30 h.)

A Expo-Libro comeza o sábado cun pregón homenaxe á imprenta, a cargo de Antonio Reigosa.

O resto da xornada dedicarase á presentación de títulos de autores mindonienses e mariñaos: Armando Requeixo, Maka Ledo, Pepe Peinó, Rita Morrigán, José Díaz, Paco Rivas, E. Cal Pardo, X. Ramón Fernández Pacios, Andrés García Doural e Isidro Fernández Villalba.

A mañá da xornada do domingo dedícase á presentación de novidades editoriais do ano 2016: “Dez anos na porta” do colectivo “O sétimo andar da porta verde” con Mª José Fernández, “Manuel María. Antoloxía poética” de Darío Xohán Cabana e Amelia Outeiro, “Cantigas para aprender a soñar” de Mª Xosé Lamas e “Lendo lendas, digo versos” de Antonio García Teijeiro e Antonio Reigosa.

TENDAL DE POESÍA  no Auditorio “Pascual Veiga”.

Instalación de traballos con poemas do alumnado dos centros escolares mindonienses.

Sábado, 30 de abril e domingo, 1 de maio, no Auditorio Municipal “Pascual Veiga” (visitas de 11:00 a 14.00 h., e de 16:00 a 21:30 h.)

MONDOÑEDO É POESÍA 2016

Domingo, 1 de maio

Nas rúas e prazas coa seguinte orde e horarios:

18:00 h.: Praza da Catedral, 18:30 h.: Praza da Concello e 19:00 h.: Praza Jaime Cabot.

Interveñen: Margarita Bermúdez, Mateo Buján, Martiño Maseda, Moncho García, Mª José Fernández, Raúl Costas, Xosé Ruíz Leivas, Antía Juncal e Coro “Mestre Pacheco”.

No Auditorio Municipal “Pascual Veiga

De 20:00 a 21.30 h.- Recital poético-musical no Auditorio Municipal “Pascual Veiga”. Interveñen músicos (César Morán, Carmen Rodríguez Lage e Coro “Mestre Pacheco”), e poetas (Darío Xohán Cabana, Antonio García Teijeiro, María Lado, Lucía Aldao, Martiño Maseda, Mª José Fernández, Mateo Buján, Raúl Costas, Antía Juncal e Xosé Artiaga).

Colofón: Homenaxe a Manuel Fernández de Castro, bispo de Mondoeñdo entre 1890 e 1905, e figura do rexurdimento da llingua asturiana ao cumprírense 110 anos do seu pasamento. Este acto contará co intervención do académico da Academia  de la LLingu Asturiana. Xosé Ramón Iglesias Cueva.

Publicacións*

Caderno de color

Publicación conmemorativa de “Mondoñedo é poesía 2016” con ilustracións de Ernesto González Torterolo, Ignacio Castro “Nachok” e Caxigueiro, e textos poéticos dos e das poetas e músicos participantes.

-Folleto homenaxe ao poeta asturiano e bispo de Mondoñedo Manuel Fernández de Castro (con biografía e poemes)

*Estas publicacións entregaranse gratuitamente aos asistentes ao recital poético-musical no Auditorio Municipal “Pascual Veiga”.

 Organizan: Asociación “As San Lucas” e Mondoñedo É …

Patrocina: Secretaría Xeral de Cultura, Consellería de Educación, Xunta de Galicia e área de Cultura da Deputación de Lugo.

Colaboran: Concello de Mondoñedo, CEIP “Álvaro Cunqueiro”, IES “San Rosendo” e Academia de la Llingua Asturiana.

Redes

En facebook: https://www.facebook.com/mondonedoe?ref=bookmarks

Canle Youtube: https://www.youtube.com/watch?v=aiCv_GE4Rmo&feature=youtu.be

Deseño e maquetación de publicacións e cartaces: Ernesto González Torterolo, Ignacio Castro “Nachok” e Caxigueiro.

CONTACTOS

ORGANIZACIÓN: (Colectivo Mondoñedo É …) Francisco Piñeiro: 600717622 / Fran Bouso: 647468672 / Antonio Reigosa: 655432511 / info.mondonedoe@gmail.com

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.016

AS QUENDAS 2.016, MELLORANDO ANO A ANO

Achégase a última fin de semana de abril, e con ela, como ven sendo tradicción, atopamos marcada no almanaque, unha das festas mindonienses, falamos, como non, de “As Quendas”.

Cartaz As Quendas, 2.016

Para este 2.016, a “Asocación as San Lucas”, organizadora deste evento, preséntanos un cartaz de luxo, co cal pretenden subir un pouco máis o listón deste evento. Como sempre os cabalos e a feira do día 1, son o alicerce, pero non podemos esquecer as actuacións das orquestras na Alameda dos Remedios, o o concerto no auditorio, que este ano correrá a cargo de Mikel Erentxun. Ademáis “Mondoñedo é Poesía”, a XXXIII Festa da Empanada, a III Ruta a Cabalo, a II Toxiza Clasicc Extreme (carreira de montaña), entre outros eventos, encherán o programa festivo para os días 29 e 30 de abril e o 1 de maio.

Concerto Mikel Erentxun
III Ruta a Cabalo

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.016

Polafía en Mondoñedo

A AELG propón visitar Mondoñedo cunha nova Polafía, que terá como tema central a figura de Manuela Rey. Nacida en Mondoñedo en 1842, esta actriz tivo unha carreira rápida e brillante, ata converterse nunha das principais figuras da interpretación en Portugal. Morreu de tifo cando o éxito máis lle sorría, con só 23 anos. Cando era unha nena pasa por Mondoñedo unha compañía dramática itinerante que se hospeda na fonda na que traballaba súa nai, viúva e con dez fillos. Manuela conquista aos comediantes que lle propoñen levala en adopción. Con só seis anos subiu aos escenarios recitando versos e facendo pequenos papeis. Imprimir

Aínda que hai outras versións da súa traxectoria, parece que Manuela chegou a Lisboa en 1856 formando parte dunha compañía de teatro ambulante. Pouco a pouco gaña prestixio. En 1859 xa figura nunha listaxe de biografías de actores e actrices destacadas de Portugal e Brasil que se ía publicar baixo o título Galería artística, da autoría de Machado, Andrade e Ferreira. Ademais de actriz, escribiu algunhas obras, así como cartas, escritos filosóficos e apuntamentos autobiográficos.

As polafías son un proxecto nacido en 2007, tamén da man da Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG e que, con coordinación de Antonio Reigosa, ten como obxectivo recuperar usos de creación musical e literaria de carácter popular, por medio dunha adaptación das antigas xuntanzas tradicionais (fiadas, polavilas, etc) aos tempos actuais, nos que os recursos técnicos permiten darlle un carácter estábel e con garantía de futuro á creación espontánea dos asistentes.

A principal diferenza, en canto ao desenvolvemento, daquelas xuntanzas de antigo co desta nova proposta é que agora nos axudamos das novas tecnoloxías, desde os aparellos de gravación, que favorecen o arquivo e estudo do recompilado, ata o uso de internet, para conseguir unha ampla difusión deste patrimonio.

O formato das polafías require a presenza dun mantedor, divulgador ou especialista que introducirá e comentará as principais características das pezas e xéneros  literarios amosados; dun músico, que interpreta  romances, coplas ou cantares de raiceiras tradicionais. Sen embargo, o elemento humano transcendental e imprescindible no desenvolvemento de cada polafía constitúeno os homes e mulleres, narradores, cantadores, romanceadores…etc, son os veciños de cada lugar onde se desenvolve a polafía, pois eles son os auténticos protagonistas. O que sucede nas polafías é gravado, editado, catalogado e subido á web da AELG para a súa posta a disposición a toda a cidadanía. Moitas das visitas que recibe esta sección proceden da emigración.

(Antonio Reigosa)

Marcos Candia – Cultura e Ocio © 2.016