Criticalia, 20 anos de recensións

 

Armando Requeixo (Mondoñedo, 1.971), ven de presentar o pasado xoves 17, na libraría “Couceiro” na cidade de Santiago de Compostela, un novo libro, “Criticalia”, unha impresionante colección de recensións, que comezan ala polo ano 1.991 e chegan ata o 2.010, a partires deste intre o seu traballo está tamén na rede, o seu blog persoal é todo un referente da crítica en galego.

Pero centrándonos no exemplar presentado na Capital de Galicia, Criticalia, contén máis de 250 recensións sobre libros de todo xénero, dende narrativa ata poesía, pasando pola novela ou a historia.

Un traballo, Criticalia, que foi editado por “Sotelo Blanco”, dentro da súa serie “Estudos e Investigacións, serie maior”. Dende a propia editorial, Ánxela Gracián, escritora e responsable editorial mencionou este volume como “unha mostra da profesionalidade ética e a valentía nos xuízos que leva amosando Requeixo como crítico dende fai anos”.

Dende “Cultura e Ocio” non atopamos mellor forma de inauguar as entradas a web, despois da presentación, que non fora “Criticalia”. Lectura recomendada. E ademáis se queredes seguir o traballo de Armando na actualidade non dubidedes, como indicabamos ao comezo desta entrada, en visitar o seu blog.

©Marcos Candia


Nace “Cultura e Ocio”

Hoxe, 23 de febreiro de 2.012, nace un novo proxecto na rede, “Cultura e Ocio”.

Este blog, aloxado na rede de “Blogaliza”, fórxase en Mondoñedo, terra unida históricamente a cultura, co seu principal expoñente D. Álvaro Cunqueiro Mora, e o ocio, xa que famosas son as festas da cidade, as S. Lucas, as Quendas, Mercado Medieval…

Sen ánimo de lucro, e co único de fin de informar dende a rede, de eventos, lóxicamente culturais é de ocio, ainda que con cabida a información de todo tipo, que se celebren ou teñan que ver con Mondoñedo e cos concellos do seu entorno; este é o fin do blog que estades a ver.

Dende este momento deixo inaugurado o blog, espero que os contidos que vaian chegando sexan do voso agrado. Do mesmo xeito e nesta liña, se queredes colaborar co blog, tan so tendes que decilo, se tes algunha información que consideres que pode encaixar nesta páxina (eventos culturais como: exposicións, presentacións de libros, charlas, coloquios, difusións culturais, ou eventos de ocio tales como: festas e demáis) manda un e-mail a: culturaeocio@hotmail.es, con todos os datos que teñas, tras ser revisado o contido será colgado na web.

©Marcos Candia