Noraboa. Amencer xa ten 3 décadas

A revista “Amencer” editada polo seminario mindoniense, ven de cumprir 30 anos de vida, presentando con tal motivo o seu núm. 217 (do que se achega a portada), un núm con duas partes ben diferenciadas; a primeira que pretender ser un núm normal cos contidos de sempre, ainda que marcados polas “Letras Galegas” e unha segunda parte na que si podemos atopar este especial 30 anos.

Dende “Cultura e Ocio” recomendamos a lectura deste novo núm que esta cheo de interesantes contidos nas suas 72 páxinas.podedes atopalo aquí.

©Marcos Candia


Copa TT 4 Estacións

Un ano máis, a copa TT 4 Estacións de enduro, volve a terras de Mondoñedo, coincidindo co IV raid mindoniense.

Celebrarase durante a vindeira fin de semana, os días 12 e 13 de maio, na cidade episcopal a “Copa Estación de Primavera”, correspondente a XIII edición.

Se precisades máis información sobre este evento podedes contactar cos teléfonos: 608 723 420 e 615 360 969 e tamén na web www.copatt4estaciones.com.

A continuación o cartel do evento.

©Marcos Candia


 

Mercados de Riotorto

Riotorto, concello do centro da Mariña Lucense, deleitanos cada ano cos seus “Mercados de Productos ecolóxicos de temporada”.

Nesta mesma semana, concretamente o domingo 13, terá lugar un novo mercado, nesta ocasión o correspondente a tempada de primavera.

Estes mercados, supoñen unha excelente ocasión para mercar productos da terra, cen por cen frescos e ecolóxicos.

A continuación o cartel do evento para completar a información.

Tamén podedes entrar na web do Concello de Riotorto

©Marcos Candia


“Mondoñedo unido”

Co nome de “Mondoñedo Unido”, nace unha plataforma de Asociacións, que xuntas reivindican a entrada na comarca de Mondoñedo de novas industrias que xeren novos postos de traballo, tan precisos nestes tempos, onde o habitual, que non positivo, é o peche de empresas.

Maña venres 4 de maio, a plataforma “Mondoñedo Unido” entregara a corporación municipal do concello mindoniense, todalas firmas que conseguiron recoller durante estos días, sinaturas que pretenden ser o recoñcemento do pobo a necesidade imperiosa de traer a esta terra novos postos de traballo, para que deste xeito as nosas familias non se vexan obrigadas a emigrar, e por conseguinte ir desaparecendo aos poucos a nosa comarca. Seguir lendo “Mondoñedo unido”