“Que non calen os eidos!” Ciclo Cultural

O vindeiro 9 de novembro, cumpriranse 100 anos dun día marcado na historia de Mondoñedo e Galicia, 100 anos do pasamento de D. Manuel Leiras Pulpeiro (Mondoñedo 25/10/1.854 – 09/11/1.912), creador da famosa obra Cantares Gallegos (1.911), unha obra que ainda hoxe e texto de estudo.

Galicia recordou a Pulpeiro outorgándolle o día das Letras Galegas ala polo ano 1.983, e ahora é a súa cidade Mondoñedo, a que honrará, durante este ano, a súa histórica figura.

Como comezo destes actos, ven de presentarse por parte do Concello mindoniense, un ciclo cultural que baixo o nome Que non calen os eidos! tentará levar a maxia do teatro a todas e cada unha das parroquias da vila, en cada un dos locais sociais ou antigas escolas.

Estas escenificacións correran a cargo dos seguintes grupos:

  • O Bordelo (Cervo)
  • Ardora (San Cibrao)
  • O Batán (Cangas)
  • Raiolas(Alfoz)
  • A Adala (Fazouro)

Todas elas intrepetarán o espectáculo “As verbas do ramo” como xa deciamos, polas distintas parroquias de Mondoñedo; pero a 1ª actuación traera unha novidade, correra a cargo do grupo O Bordelo, e será en Oirán, o próximo 10 de xuño, alí a interpretación que se poderá ver será sobre a obra “R.I.P. Marandaina“, ao igual que o 28 de outubro en Curros; todas as restantes ata a final o día 9 de decembro en Estelo, serán da obra “As verbas do ramo”.Dende o Concello de Mondoñedo, animan a todolos veciños e veciñas a acudir a estes eventos, que traerán a arte do teatro a todolos recunchos da cidade, aparte con un motivo moi especial, como é este 100 aniversario do pasamento de Pulpeiro.

©Marcos Candia