III Rota BTT “Rei Cintolo” polos montes de Mondoñedo

Un ano máis, e como reza o título desta entrada, por terceira vez, Mondoñedo vivirá unha xornada de auténtico BTT. Este domingo 17, as montañas mindonienses acolleran a ducias de ciclistas que un ano máis veñen atraidos a cidade, pola fermosura das súas paisaxes, a traballada rota BTT e a agradable compaña.

Este ano, a rota, percorrerá os montes da Toxiza, nun percorrido de 40 km de dificultade media-alta e outro, de 50 km de dificultade alta para os máis expertos da materia.

O prezo das inscripcións para esta 3ª edición será de 18,00 €; satisfacendo este importe terase dereito, ademáis de a participar na ruta cuberta por seguro federativo, a un obsequio (camisola), avituallamento en puntos determinados da ruta, asistencia mecánica, persoal de seguridade, duchas e vestiarios, así como unha comida ao finalizar a ruta no restaurante “O Valeco”. Para formalizar a inscripción, dende a organización da ruta facilitan esta web: http://www.championchipnorte.com/index.php?op=info_online 

Ademáis e para ir abrindo boca:

Logotipo do espeleoclube “Rei Cintolo” sección de ciclismo:

Perfil da rota deste domingo:

E neste enlace fotos da rota do pasado ano, así como vídeos aquí

Ánimo a todos os amantes deste mundo, esta xornada BTT polos montes de Mondoñedo non defraudará a naide.

©Marcos Candia


2 reflexións sobre “III Rota BTT “Rei Cintolo” polos montes de Mondoñedo”

  1. Hola,

    Din co blog buscando algunha ruta en btt por Mondoñedo e as covas do Rei Cintolo, sería posible que compartísedes esta ruta ou a do ano pasado nalgún arquivo para navegador gps en formatos gpx ou klm por exemplo.

    Gracias e noraboa polo blog.

Os comentarios están pechados.