XXI Mercado Medieval de Mondoñedo

Unha nova edición do Mercado Medieval de Mondoñedo, a XXI, está xa próxima no almanaque.

Será os días 11 e 12 de agosto, cando Mondoñedo retroceda ata a época medieval, dende a súa Praza da Catedral, ata cada unha das rúas que a ela levan. 

O Merino e Merina, Soldados do Mariscal, outros persoaxes por toda a Cidade, pasarrúas, aves de cetrería, Kote Malabar, xogos populares, cea medieval, música, e demáis, será o que se poda ver nunha nova edición desta festa xa que ano tras ano aumenta a súa importancia. 

As seguintes imaxes, fan referencia ao cartel do evento, e tamén o tríptico informativo editado para a ocasión.

©Marcos Candia


Mondonedo.net “10 anos na rede”

10 anos en Internet, de forma ininterrumpida, sempre informando, sen ánimo de lucro…

Todo isto é moito máis acaba de facerse realidade. O proxecto de Mondonedo.net “O Portal de Mondoñedo” cumpre estas datas 10 anos. Dende este blog, do xeito máis humilde, queremos dar a noraboa ao seu webmaster, Manuel Guerra, por manter viva esa porta a cidade de Mondoñedo en Internet, unha porta, que se abreu máis de 10 millón e medio de veces, tal e como reflicte o contador da súa páxina web.

Brindamos hoxe porque sexan moitos anos máis, compartindo novas, imaxes, vídeos, en definitiva información sobre Mondoñedo, para propios e visitantes. 

NORABOA

 

 

©Marcos Candia


Álbume fotográfico: XIV Mercado Medieval de Alfoz

O venres 20 e onte sábado 21, tivo lugar en Alfoz a décimo cuarta edición do seu típico Mercado Medieval, ambientando para a ocasión o lugar do Castro e o Castelo do Mariscal Pardo de Cela.

Nesta nova edición, o lugar do Castro foi o epicentro perfecto, para propios e visitantes, no que transformar as súas vidas ao medievo. Un bo número de persoas foron as que participaron activamente destas xornadas.

Dende este blog queremos ofrecer aos nosos seguidores unha pequena galería fotográfica da xornada deste sábado. Agardamos que vos guste. Podedes vela no seguinte enlace:

Galería fotográfica XIV edición do Mercado Medieval de Alfoz.

Ademáis deixamosvos aquí, unha presentación das imaxes:

©Marcos Candia


Mercado Medieval, Alfoz 2.012

Esta vindeira fin de semana celébrase en Alfoz a XIV edición do seu xa típico mercado medieval.

O mercado medieval do concello de Alfoz, ten lugar nos arredores do castelo do Mariscal Pardo de Cela, un entorno por sí da época, que durante estos días se ambienta máis se cabe; dende postos ambulantes, a cetrería, espectáculos e demáis será o que podamos ollar alí.

A modo informativo deixamos aquí o cartel do evento.

©Marcos Candia


A Pena Abaladoira

Como xa sabedes, o noreste de Mondoñedo, coa súa altura máxima de 838 m sobre o nivel do mar, encóntranse situados os montes da Toxiza.

Nos mesmos, podemos atopar pastando, numerosas cabezas de gando caprino, vacún ou cabalar, pero hoxe queremos falar novamente doutra curiosa rocha situada neste lugar. 

Concretamente en “Veiga de Fiestra”, entre o “Pico de Esgallo” e “Pena Corveira”, atópase situada unha pedra granítica coñecida entre os veciños dos lugares máis próximos como “A Pena Abaladoira”

As primeiras novas que coñecemos sobre a súa existencia e asentamento datan dos primeiros anos do século XX, cando o noso cronista Eduardo Lence Santar a cita na prensa local da época.

 Esta pedra abaladoira, constitúena unha pedra, como decíamos, granítica, de forma irregular, moi parecida o caparazón dunha tartaruga, a cal mide 4,40 m de lonxitude, 72 cm de alto e 2,18 m de anchura máxima. Atópase asentada sobre unha rocha viva, que aparece a raíz do chan, sobre a que se apoia nun espacio de 2 m cadrados.

Para facela abalar e preciso ascender sobre a súa parte superior, e cunha lixeira presión sobre un dos seus extremos obervase perfectamente o seu movemento.

©Marcos Candia