Coñecendo a: Andrés García Doural

Nace unha nova sección en “Cultura e Ocio”, a sección “Entrevistas”.

Un espazo no que pretendemos dar a coñecer persoas que por un ou outro motivo destaquen nunha faceta en especial.

Ningunha presentación é mellor, que comezar coa primeira destas entrevistas, coa primeira “víctima”, hoxe Coñecemos a:

Andrés García Doural, nado en San Vicente de Trigás, Mondoñedo, no ano 1.958; Andrés deleitanos, día sí e día tamén, cun excelente traballo sobre a historia de Mondoñedo e as súas xentes; a través da ampla hemeroteca de Andrés, podemos atopar artigos sobre persoeiros do pasado de Mondoñedo, das festas da cidade, de lugares descoñecidos pola maioria, das revoltas de tempos Carlistas, do deporte de antano, e un longo etc. Paga a pena pois, e moito, coñecer un pouco máis a Andrés e a súa obra, que é, e será no futuro, un tesouro, que se debe conservar por sempre.

-Andrés, coñecemos a túa faceta de estudoso da historia de Mondoñedo e as súas xentes, pero dinos ¿Cómo comezaches con este valioso traballo?

Sempre foi algo que me gustou moito, ademáis durante a miña época de estudo realicei o Bacharelato de Letras, no cal un dos meus mentores era D. Francisco Mayán, unha persoa que nos involucraba moito no estudo da historia desta cidade; despois por motivos persoais tiven que marchar de Mondoñedo, e ao regresar  puiden ter acceso ao Arquivo Diocesano, o Arquivo Catredalicio e o Arquivo Municipal, e pouco a pouco o tema foi indo a máis e ata hoxe; o meu primeiro traballo foi indagar sobre a historia de dous apelidos o Nogueira do meu pai, e o Doural da miña nai, este traballo foi no ano 1.998.

-Aparte de todo o teu traballo en forma de libros, colaboracións con publicacións mindonienses, atopamos que no ano 2.009, comezas a túa andaina na rede, cun blog “Miscelánea Mindoniense“, ¿Cómo xurde esta idea?

A idea xurde dun bo amigo meu, Pepe de Noriega, el foi quen me preparou todo; un bo día chégame con un sobre, e nel, toda a documentación do blog, dime “veña a traballar”; e de ahí xurdiu todo esto. Gústame que quede constancia neste medio tamén de todo este traballo, das imaxes curiosas, sobre as que logo che preguntan donde é; ademáis gracias a este medio doume conta de moitas cousas sobre as que non se fixo nada ou están moi verdes.

-Navegando polo teu blog, atopamos uns versos inéditos de Álvaro Cunqueiro, ¿Qué nos podes decir deles?

Eses versos de Cunqueiro, nos que fala de Valiña de Freire, están escritos de puño e letra del mesmo, e están feitos sobre unha factura da farmacia que rexentaba a familia. Ata min chegou por casualidade, ia directo a basura no medio doutros papeis como recortes de  periódicos e incluso esquelas, e eu ao recoñecer a letra de Cunqueiro,  gardeino, está en moi bo uso, por un lado a factura da farmacia e polo outro os versos.

-Tamen vemos no teu blog unha sección adicada ao “Mondoñedo F.C.”, ¿Eres pois, un apaixoado deste deporte?

Este temá débese a que eu xoguei ao fútbol aquí en Mondoñedo, tres anos, un en xuvenís e dous en afeccionados; despois por motivos laborais desplaceime a Astorga e alí xoguei ao fútbol sala. Tamén é un deporte sobre o que leo moito, escoito programas deportivos na radio e ademáis o meu fillo xoga ao fútbol tamén. Gústame tamén gardar fotos históricas e conservalas, (algunha delas está tamén na sección do blog), ves moita xente que desapareceu, cambios de indumentaria e nas cores do equipo, coñeces outros campos que existiron en Mondoñedo como “Lodeiros”, “Fonte do Sapo”, “Caneiro” ou o “Campo da Feira” e dende fai 40 anos o actual Viñas da Veiga.

-Xa que falamos de fútbol, ¿Anímasme cun resultado para a final da Eurocopa?

Por suposto, e ademáis dígoche o goleador. España 1-0 Italia, con gol de Sergio Ramos.

-De cara ao futuro máis próximo ¿Qué nos estás a preparar?

Ahora mesmo estou a investigar con outro compañeiro, Juan Fernández Pacios de Foz, bo amigo, sobre o edificio onde actualmente se asenta o Centro de Interpretación do Camiño Norte, aquí en Mondoñedo, antiga casa dos “Santomé” e cuartel da Garda Civil; levamos xa dous meses sobre este tema, faltannos os últimos flecos e presentaremos a historia deste edificio. Ademáis traballo tamén acerca da historia da familia “Villamil y Castro” e tamén outro traballo sobre os irmáns de Leiras Pulpeiro.

-Para rematar, Andrés, primeiro darche as gracias por prestarte a colaborar con este blog, e cedernos uns valiosos minutos do teu tempo. Falando de “Cultura e Ocio, ¿Dasnos unha apreciación final do blog?

Bueno pois coñezo “Cultura e Ocio”, porque o seu propietario me indicou da súa existencia; xa estiven revisándoa, está empezando, pero eu deséxolle que se anime, que traballe como traballou cando ambos colaboramos no xornal de Mondoñedo. Asique, iso,  a traballar o máximo e indo pouco a pouco.

-De novo gracias Andrés.

©Marcos Candia


Unha reflexión sobre “Coñecendo a: Andrés García Doural”

Os comentarios están pechados.