Mosqueiro das Porras

Voltamos cun novo artigo da nosa sección “Historia”, desta volta vamos falar dos “mosqueiros”.

En Galicia todos sabemos da existencia de formacións rochosas cando menos “raras”. Nos montes da Toxiza, pertencentes ao lugar de Tronceda, Parroquia mindoniense dos Remedios, existen varias destas formacións, entre elas “Os Mosqueiros”, dos cales sobresae un entre todos, o “Mosqueiro das Porras”.

Unha obra de arte creada pola natureza, asentada no lugar de “As Porras”, que claramente, da nome a esta formación.

Consiste en dúas rochas graníticas de grandes dimensións, que crean entre elas unha concavidade no seu interior. As medidas da mesma son realmente importantes, 9,5 m de longo, 7 m de ancho máximo, 6 m de ancho mínimo, 4 m no seu punto de maior altura e 3 m no de menor altura.

 O acceso a esta marabilla da natureza é bastante complexo, pola abundante maleza que a arrodea, así como o pésimo estado do camiño que chega ata alí. Sería, máis que interesante, que se arranxanse este acceso, e todos puideran ver esta concavidade natural, cando menos curiosa.

Ademáis, nos mesmos montes da Toxiza, podemos atopar outros “mosqueiros” como: “Mosqueiro das Libitieiras, do Colesio, da Cabana ou o dos Paraños, pero ningún destes chega a ter as dimensións e grandeza do que tratan estas liñas.

©Marcos Candia