O Cristo do Coto de Otero

Nas encrucilladas dos camiños, a beira dalgunha ponte, nos cemiterios, adros de igrexas e lugares onde ocorrera algunha desgraza, podemos atopar a profunda fé católica dos nosos antepasados coa erección de cruces e cruceiros.

A maioría son do séculos XIX e XX e polo xeral, obra de escultores populares; en moitos deles preséntase ao “Rey de Reyes” e na parte oposta a “La Dolorosa”.

Soen estar anclados sobre unha plataforma, de un so bloque ou varios, formando un tronco piramidal, con inscripcións de quen os mandou facer, oracións ou indulxencias outorgadas polos Bispos da Diócese.

No máis alto do barrio  mindoniense do “Coto de Otero” a beira do antigo trazado da calzada que ascendía dende a Ponte do Pasatempo ata o alto de Lindín, atópase un curioso Cristo ubicado nunha cavidade, realizada nun dos muros que fechan unha edificación.

Este conxunto parte dunha base tronco-piramidal dunha soa peza, na que podemos leer a seguinte incripción: “Deboción de Antonio Valoria – año 1.894. – Siendo Obispo D. Manuel Fernández de Castro- Se conceden indulgencias por rezar cualquier oración aprobada por la iglesia ante esta efigie”.

 A continuación levántase unha cruz de granito, dun metro e vinte centímetros de altura con un Cristo, sobre o que podemos observar restos de policromía.

 Entre os veciños do barrio tamén e coñecido como “O Cristo do Purrelo”, sobrenome polo que era coñecido o menciñeiro Emilio González Valoria, que residiú durante moitos anos na súa proximidade.

Persoas moi devotas acostuman a colocar flores e incluso en datas moi sinaladas do ano, velas acesas.


 Coa colaboración de Andrés García Doural

©Marcos Candia


2 thoughts on “O Cristo do Coto de Otero”

  1. Maxistral artigo amigo Candia. Todo sexa pol-o noso querido Mondoñedo.

    Con unha fonda aperta.
    Pepe Noriega

Os comentarios están pechados.