O Tangueiro

O Tangueiro ou Estafermo era un gran monigote de madeira, pintado, que tiña n-a mau dreita un saco d’area; poñíase no medio e medio d’o campo de Nosa Señora d’os Romedios, de Mondañedo, por Nosa Señora d’os Romedios e por outras festas, e con él facíase a corrida chamada d’o Tangueiro, que foi moi sonada en Galicia e n-as Asturias, e verificábase presentándonse moi ataviado, a cabalo y armado con lanzas, un fato d’homes, os cales acometían ô Tangueiro dándolle unha lanzoada e fuxindo logo coma lóstregos, pois si n-o facían, o saco d’area caía derriba d’as costas ou d’a cabeza d’eles.

A corrida anunciábase a víspora pol-a tarde, pol-as ruas d’a cidá, por medio d’un chistoso bando qu’era levado e pregoado por un home montado a cabalo, con goapo traxe y-armado c’unha lanza, acompañado d’oito ou dez homes, tamén a cabalo e con lanzas.

Esta sonadísima festa celebrouse hastr’os primeiros anos d’o derradeiro tercio d’o sigro pasado.

O monigote d’o Tangueiro existíu, inda que xa desgonzado e roído da couza, n-unha d’as dependenzas d’o antigo convento d’Alcántara hastr’o ano de 1913.

Este texto é orixinal do libro “Etnografía Mindoniense“, editado por Armando Requeixo. O texto transcríbese de xeito igual que foi recollido por Eduardo Lense Santar o 30 de marzo do ano 1.938.


Coa colaboración de Armando Requeixo e Andrés García Doural

©Marcos Candia