A Pena Abaladoira

Como xa sabedes, o noreste de Mondoñedo, coa súa altura máxima de 838 m sobre o nivel do mar, encóntranse situados os montes da Toxiza.

Nos mesmos, podemos atopar pastando, numerosas cabezas de gando caprino, vacún ou cabalar, pero hoxe queremos falar novamente doutra curiosa rocha situada neste lugar. 

Concretamente en “Veiga de Fiestra”, entre o “Pico de Esgallo” e “Pena Corveira”, atópase situada unha pedra granítica coñecida entre os veciños dos lugares máis próximos como “A Pena Abaladoira”

As primeiras novas que coñecemos sobre a súa existencia e asentamento datan dos primeiros anos do século XX, cando o noso cronista Eduardo Lence Santar a cita na prensa local da época.

 Esta pedra abaladoira, constitúena unha pedra, como decíamos, granítica, de forma irregular, moi parecida o caparazón dunha tartaruga, a cal mide 4,40 m de lonxitude, 72 cm de alto e 2,18 m de anchura máxima. Atópase asentada sobre unha rocha viva, que aparece a raíz do chan, sobre a que se apoia nun espacio de 2 m cadrados.

Para facela abalar e preciso ascender sobre a súa parte superior, e cunha lixeira presión sobre un dos seus extremos obervase perfectamente o seu movemento.

©Marcos Candia


2 thoughts on “A Pena Abaladoira”

  1. cando volvas a pena de abalar tes que levarme co meu colega andres para enseñarlle como se avala a pedra por que eu fun moitas veces a muxia avalar a pedra e mais pasei por debaixo da pedra dos cadris como manda a santa relixion un abrazo amigo marcos

    1. Boas Jorge. Moitas gracias por adicarme un minutos e comentar no meu blog.

      Teño en conta a túa petición, e cando volte por alí con Andrés, avísote, para que lle des unhas clases de avalamento como ti sabes.

      Un saúdo amigo

Os comentarios están pechados.