Vídeo: Concerto de Taranis na II Festa Normanda de Foz

Como xa vos comentamos na entrada na que se publicou o álbume fotográfico da II Festa Normanda de Foz, achegámosvos agora, un pequeno vídeo de 20 min. a modo de resumo, do que foi o concerto do grupo Taranis, o sábado a noite na praza de Conde Fontao.

O grupo Taranis, fixo vibrar a todo o público que abarrotou a praza, co seu espectáculo musical, de loita  e fogo. 

POR PETICIÓN EXPRESA DO GRUPO TARANIS, O VÍDEO DE 20 min. QUE FOI EXPOSTO NESTA WEB, ACABA DE SER BORRADO, TANTO DESTE BLOG COMO DA NOSA CONTA DE YOUTUBE, ACATANDO ASÍ A SÚA PETICIÓN.

Dende aquí das as grazas ao “Grupo Taranis” pola súa amabilidade e recoñecemento do noso traballo, pero por motivo alleos tanto a eles como a nos, este vídeo non pode ser exposto en Internet.

©Marcos Candia


Álbume fotográfico: II Festa Normanda, de recuperación da memoria Histórica

Esta pasada fin de semana, celebrouse en Foz, a II edición da “Festa Normanda de Recuperación da Memoria Histórica”.

Este blog, achégavos unha galería fotográfica, con máis de 50 instantáneas dos mellores momentos desta celebración, tales como: o pregón e escenificación do milagre de San Gonzalo, na área recrativa do Bispo Santo, as imaxes do desembarco normando e unha boda normanda. Ademáis en breve traeremos un vídeo duns 20 minutos, a modo de resumo, do concerto que na noite do sábado, ofreceu na praza de Conde Fontao, o grupo Taranis, que fixo vibrar coa súa música e espectáculo, a xente que se deu cita e encheu a citada praza. 

Clicando aquí teredes acceso a galería de imaxes completa desta cita. 

E aquí deixamos a presentación das imaxes a traves do Flickr do noso blog

Se algún de vos sale nalgunha foto, tan so tendes que deixar un comentario, indicando o voso mail (campo obligatorio, non será visible para o resto), e seravos enviada a imaxe sen a marca de auga.

©Marcos Candia


Cantando a Mondoñedo

Excepcional, esa é a palabra que vamos utilizar para definir a boa elaboración e resultado final do vídeo que vos traemos a continuación.

É unha montaxe de Marí Carmen R. Lage a cal nos deleita durante 2:29 min cun vídeo da nosa cidade, e coa súa voz cantando a mesma.

Dende Cultura e Ocio queremos darlle as grazas a Marí Carmen, por permitirnos subir o vídeo ao noso blog e compartilo con todos vos.

E aquí o vídeo para o voso deleite:

©Marcos Candia


Último partido de pretemporada do Mondoñedo FC

Hoxe mércores, púxose fin a pretemporada do Mondoñedo FC, cun novo partido no Viñas da Veiga, desta volta fronte ao Pastoricense, equipo de 1ª rexional e que a pasada tempada, rematou 4º a piques de lograr o ascenso a preferente.

Ainda que o resultado final foi de 0-2 favorable ao Pastoricense, a análise final do partido do Mondoñedo FC, que podemos facer, é positiva, de feito en verbas do seu adestrador Hermelino, debense correxir defectos puntuais, pero o global do encontro é favorable, debemos recordar neste punto, que o Mondoñedo actualmente é equipo de 3ª rexional, e competia contra un rival de maior categoría.

O partido transcorreu bastante tranquilo, con moito xogo no medio campo por parte de ambos equipos e sen ocasións demasiado claras. A 1ª parte rematou cun 0-1 no marcador, gol conseguido no minuto 40 de partido polo Pastoricense, logo dun saque de falta sobre o costado dereito da área mindoniense que foi rematado certeiramente de cabeza.

Xa na segunda parte o Mondoñedo foi de menos a máis, e comezou claramente dominando este período, pero quizais unha maior superioridade física do rival foi facendo mella nos xogadores locais. Nesta 2ª parte o xogador local Portela dispuxo dunha gran ocasión, pero o seu lanzamento dende o interior da área grande foi desviado pola defensa pastoricense e saiu lamendo o pau. Xa no minuto 85  os visitantes cerraron o partido cun novo gol, nesta ocasión ao non acertar a defensa mindoniense a sacar o balón da zona de perigo. Como se pode observar un gol foi a balón parado e o outro tras unha serie de erros en defensa, pero correxindo estos dous puntos o Mondoñedo foi un rival máis que digno de todo un 1ª rexional.

O saldo final da pretemporada mindoniense é o seguinte:

Mondoñedo 4-3 Muimenta // Mondoñedo 0-2 Meira // Mondoñedo 1-0 Catro Roldas // Pontenova 2-2 Mondoñedo // Mondoñedo 0-2 Pastoricense.

Un total de cinco encontros, todos eles contra equipos de superior categoría, duas victorias, un empate e duas derrotas, un saldo favorable tendo en conta o nivel dos rivais e tamén que o adestrador local Hermelino, fixo moitos cambios e probaturas, e tamén deu opción a xogadores das categorías inferiores do equipo.

En definitiva, agora comeza o serio, a competición, será, se non se producen cambios de última hora, o 1º fin de semana de setembro, cando o Mondoñedo FC comece unha nova andaina en 3ª rexional, e desde aquí, queremos desexarlle a mellor das sortes nesta nova tempada.

©Marcos Candia


II Festa Normanda de Foz

Volvemos o pasado!!! Desta volta é Foz; logo dos mercados medievais de Mondoñedo e Alfoz, agora chega a II edición da Festa Normanda, na cidade que recibe as últimas augas do río Masma.

Dende este venres 24 e ata o domingo 26, viviranse varios espectáculos, xogos, ceas, bodas, concerto, pasarrúas e demáis, todos eles enfocados na época normanda.

Toda a información desta festa podedes vela no seguinte enlace da web do Concello de Foz:

II Festa Normanda en Foz

A modo de aperitivo desde este blog queremos compartir con vos a portada do tríptico informativo contido no anterior enlace:

©Marcos Candia