Amigable de pretemporada do Mondoñedo FC

Onte domingo o Mondoñedo FC, que este ano competirá na 3ª rexional, desputou no Viñas da Veiga un test de pretemporada, en fronte o Muimenta equipo de 2ª rexional.

Ainda que nestes partidos o menos importante é o resultado, xa que os adestradores usanos para ir facendo probaturas de cara a competición, o Mondoñedo foi capaz de imporse ao Muimenta, equipo de superior categoría, por un axustado 4-3, con goles para os locais de “Rud Van”, “Portela”, Campovello” e un gol en propia porta do Muimenta.

Deste encontro, ademáis, cabe destacar a oportunidade que Hermelino, adestrador mindoniense, lle deu a Hamza e Luis Rego, que fixeron o seu debut co Mondoñedo senior, cando ainda se atopan na categoría cadete.

Veremos como segue a progresión do Mondoñedo de cara a nova tempada, e tentaremos traervos algunha galería fotográfica.


Agradecemento a “Diego García Carro” pola información facilitada

©Marcos Candia


Amigable Mondoñedo FC, Veteranos

Este sábado 4 de agosto, o Mondoñedo, F.C. de veteranos disputou un novo amigable, desta volta foi fronte a Sporting Cambre Veteranos, no Viñas da Veiga.

As 19:15 h deu comezo o encontro que rematou cun empate a tres no marcador. O partido foi de menos a máis para o Mondoñedo, que chegou a ter un 0-2 e un 1-3 en contra no marcador para rematar empatando o partido. O encontro foi dirixido por Arturo Pumariño ex-árbitro do Comité Galego.

Este blog estivo presente no encontro, e achega unha galería fotográfica co máis destacado.

Podedes acceder a galería completa aquí.

Tamén vos deixamos unha presentación das imaxes:

©Marcos Candia