Álbume fotográfico: XXI Mercado Medieval de Mondoñedo

Miñas donas, meus señores…

Esta pasada fin de semana, celebrouse en Mondoñedo a vixesimo primeira edición do seu típico Mercado Medival.

Durante os tres días de Mercado, pero sobre todo o sábado, Mondoñedo foi un autentico río de persoas, chegadas dende puntos ven variados, dispotas a regresar ao Medievo da man das Mesnadas, de Merlín, do Merino e Merina, dos malabares, dos cetreiros, das demostracións con armas da época… Todo un espectáculo o vivido na cidade episcopal.

Dende “Cultura e Ocio” achegamos unha pequena galería fotográfica con imaxes deste Mercado Medieval.

Podedes ver a galería no noso álbume fotográfico clicando neste enlace: “XXI Mercado Medieval de Mondoñedo”.

Ademáis dende a web www.mondonedo.net, ofrécennos outra ampla galería do evento, con máis de 130 imaxes, que podedes ver aquí.

E sobre esta liña deixamos unha presentación das imaxes deste blog:

©Marcos Candia