Novo amigable do Mondoñedo FC

O Mondoñedo FC desputou este sábado 11 un novo encontro preparatorio de cara a nova tempada, desta volta fronte ao Meira, equipo que xogará unha categoría por enriba en 2ª rexional e que a pasada tempada rematou a mesma con opcións de ascenso que ao final non culminou.

Neste encontro o Mondoñedo, non foi capaz de sumar unha nova victoria (recordemos que no seu 1º amigable ante o Muimenta tamén de 2ª gañara 4-3), e caeu derrotado por 0-2.

Logo dunha primeira parte igualada, na segunda, o amplo número de baixas dos locais e un baixón físico debido a que estamos no inicio dos adestramentos provocaron esta derrota. De todos xeitos e quedándonos coa 1ª parte as forzas estiveron moi igualadas, recordamos cun equipo de superior categoria.

No Mondoñedo debutou, novamente, un xogador de categorias inferiores, foi desta volta Jacobo Chao.

O próximo amigable para os homes de Hermelino, será o vindeiro mércores, tamén no Viñas da Veiga, en fronte estará a AD Catro Roldas.


Agradecemento a “Diego García Carro” pola información facilitada

©Marcos Candia