Empate do Mondoñedo FC

Seguimos coa pretemporada do Mondoñedo FC, que non para na súa posta a punto de cara o inicio da competición en 3ª rexional.

Onte venres un novo amigable, primeiro como visitantes, desta volta fronte a Pontenova, novamente equipo de superior categoria (xogará en 2ª rexional) con empate a dous no marcador final.

Os goleadores desta volta foron Manuel Rodríguez culminando unha xogada de equipo e Diego Carro, o noso colaborador, que dende fora da área marcou cun certeiro disparo. En xeral bo partido do Mondoñedo que segue así a súa boa racha de pretemporada.

O próximo partido será de novo no Viñas da Veiga en Mondoñedo, e desta volta fronte o Pastoricense, de 1ª rexional, o próximo mércores as 21:00 h.


Agrademento a “Diego García Carro” pola información facilitada

©Marcos Candia