Contra vento e auga. Nova victoria do Mondoñedo

Onte domingo o Mondoñedo FC desputou o seu terceiro partido de liga, valedeiro para o grupo 11º da 3ª rexional de Lugo. En fronte estaba o Momán que chegaba a terras mindonienses coa necesidade de sumar tres puntos e non caer máis na taboa clasificatoria. 

Pero o Mondoñedo FC volve a sumar os tres puntos, e segue contando polo momento, todos os seus partidos como victorias. 3 partidos, 9 puntos e líder cada xornada máis sólido, iso sí os rivais veñen pisando forte por detrás a tan so 2 puntos. 

No partido de onte as condicións climáticas influíron moito, choiva incesante e forte vento que causaron serios problemas aos xogadores. A primeira parte transcorreu nun inicio cos dous equipos tanteándose e buscando o xeito de chegar a área rival, e así foi como no minuto 30 Alberto conseguia o primeiro tanto, adiantando ao Mondoñedo. Só lle durou a alegría aos homes de Hermelino 4 minutos, no 34 unha grave indecisión en defensa onde non foron incapaces de sacar o balón, foi suficiente para que o Momán puxera as taboas no marcador, 1-1 resultado co que se chegaría ao descanso.  Seguir lendo Contra vento e auga. Nova victoria do Mondoñedo

Mondoñedo FC, líder en solitario

Novo partido do Mondoñedo FC, nesta tempada, segunda xornada, e segunda victoria, seis puntos e moi boas sensacións.

Ainda é moi cedo para sacar conclusións, tan so se levan desputado dous partidos desta liga en 3ª rexional, pero non cabe duda que o Mondoñedo FC comezou con moi bo pé. Líder en solitario da liga tras dúas victorias, e unhas sensacións sobre o terreo de xogo cada vez mellores.

A víctima nesta segunda xornada foi o Codesido. Os homes de Hermelino visitaron a este complicado rival o domingo e voltaron cun claro 0-2 ao seu favor. Seguir lendo Mondoñedo FC, líder en solitario

Festas dos Remedios “ACTUALIZACIÓN”

Achegamos máis información acerca das festas dos Remedios deste ano así como dos eventos a celebrar de forma paralela as mesmas. Para poder ver esta información so debedes chegar ao final desta entrada e atoparedes o tríptico informativo do evento, se facedes click nas fotos abrirase unha nova ventá onde poder velas en grande.

Chegan de novo as festas a Mondoñedo; os días 8, 9 e 10 de setembro, celebraranse Os Remedios, as festas da patrona desta cidade.

Este ano, a ofrenda correrá a cargo do Excmo. Concello de Ferrol.

Deixamos aquí o cartel destas festas, que ademáis das orquestras e grupos, infórmanos doutras actividades que se desenvolverán na cidade durante estes días de troula.

Sábado 8

Festa coas orquestras Yucatan e “Disco Show a Duda” (discoteca móvil)

Domingo 9

Festa coas orquestras Juan Mallo e Claxxon

Luns 10

Festa coa orquestra Canadá

Os outros eventos a celebrar durantes estas festas serán:

-Actuación do coro “Mestre Pacheco” de Mondoñedo

-Actuación da Banda Ferrolá de Música

-Actuación da Rondalla de campo de Ferrol

-II Concurso de “Cantos de Taberna”

-III Ralli de Clásico “Cidade de Mondoñedo”

-Actuación do coro da Asoc. de Amigos do Camiño de Santiago de Lugo

-Xogos infantís

 

 ©Marcos Candia


IV Trial Cidade de Mondoñedo

Volve o espectáculo das motos a Mondoñedo; será os días 22 e 23 de setembro, cando na cidade do Masma terá lugar o IV Trial Cidade de Mondoñedo, no que ademáis se desputará a Copa Galega de Trial Infantil e o Campionato Galego de Trial.

Este ano as probas desenrolaranse no lugar da Ferrería moi preto de Mondoñedo, un perfecto enclave para a práctica desta disciplina. 

A modo informativo achegámosvos o cartel das probas así como un plano indicativo do lugar e do recorrido das mesmas; antes de nada pedir perdón polas imaxes que foron sacadas con móbil ao non dispor de arquivo dixital dos carteis.

©Marcos Candia