Mondoñedo FC, líder en solitario

Novo partido do Mondoñedo FC, nesta tempada, segunda xornada, e segunda victoria, seis puntos e moi boas sensacións.

Ainda é moi cedo para sacar conclusións, tan so se levan desputado dous partidos desta liga en 3ª rexional, pero non cabe duda que o Mondoñedo FC comezou con moi bo pé. Líder en solitario da liga tras dúas victorias, e unhas sensacións sobre o terreo de xogo cada vez mellores.

A víctima nesta segunda xornada foi o Codesido. Os homes de Hermelino visitaron a este complicado rival o domingo e voltaron cun claro 0-2 ao seu favor.

A primeira parte foi de dominio total para o Mondoñedo, onde puido irse ao descanso con un abultado resultado, pero ao final so foi 0-1, con gol de Portela tras unha deixada de Noly ao segundo pao.

Xa na segunda metade o Mondoñedo xestionou a perfección a súa corta renda e soupo controlar ao rival, e así chegou o segundo obra de Jacobo tras un preciso centro de Álvaro.

O Mondoñedo FC saltou ao campo con este 11 inicial: Adrián – Álvaro – Genito – Pepe – Carro – Lucas – Portela – Jesús – Jacobo – Noly e Alberto, ademáis dende o banco de suplentes saltarón durante o partido: Campovello – Fabián – Ramallal – Juan e Miguel (están permitidos 5 cambios nesta categoría).

O próximo partido do Mondoñedo será fronte ao Momán no Viñas da Veiga; esperemos que a racha siga en pe e sumen tres novos puntos.


Agradecemento a “Diego García Carro” pola información facilitada

©Marcos Candia


One thought on “Mondoñedo FC, líder en solitario”

Os comentarios están pechados.