Contra vento e auga. Nova victoria do Mondoñedo

Onte domingo o Mondoñedo FC desputou o seu terceiro partido de liga, valedeiro para o grupo 11º da 3ª rexional de Lugo. En fronte estaba o Momán que chegaba a terras mindonienses coa necesidade de sumar tres puntos e non caer máis na taboa clasificatoria. 

Pero o Mondoñedo FC volve a sumar os tres puntos, e segue contando polo momento, todos os seus partidos como victorias. 3 partidos, 9 puntos e líder cada xornada máis sólido, iso sí os rivais veñen pisando forte por detrás a tan so 2 puntos. 

No partido de onte as condicións climáticas influíron moito, choiva incesante e forte vento que causaron serios problemas aos xogadores. A primeira parte transcorreu nun inicio cos dous equipos tanteándose e buscando o xeito de chegar a área rival, e así foi como no minuto 30 Alberto conseguia o primeiro tanto, adiantando ao Mondoñedo. Só lle durou a alegría aos homes de Hermelino 4 minutos, no 34 unha grave indecisión en defensa onde non foron incapaces de sacar o balón, foi suficiente para que o Momán puxera as taboas no marcador, 1-1 resultado co que se chegaría ao descanso. 

Non sabemos que ocorreu no vestiario local durante os 15 minutos de descanso, pero o Mondoñedo tornou a súa cara na segunda metada, e saiu enchufado a polo encontro, así no min 5 deste segundo período Jacobo marcou o segundo para o Mondoñedo e puxo de novo ao equipo local por diante. A partir deste tanto o Mondoñedo foi gañando presencia no terreo de xogo e pouco a pouco o Momán víase incapaz de sacar algo positivo da súa visita as terras de Cunqueiro. E así no minuto 35 o xogador núm. 4 do Momán via a segunda tarxeta amarela que conlevou a súa expulsión, e no saque desa falta, de novo Jacobo voltou a marcar, poñendo o definitivo 3-1 no marcador, a falta de 10 minutos para o final do encontro. 

Tras o resultado final, o Mondoñedo segue líder con 9 puntos (na barra da dereita tendes a clasificación completa), saboreando en todos os partidos as delicias da victoria. Pero non deben fiarse os homes de Hermelino, ainda quedan cousas por mellorar, e sobre todo neste partido, varios erros nos pases en curto, abuso en exceso dos balóns en alto e contundencia defensiva. 

Pero a liña do éxito xa está marcada para o Mondoñedo e agora debe seguir a este nivel e pulindo os erros para, partido tras partido, seguir no máis alto da clasificación.

O Mondoñedo saiu ao campo con este 11: Adrián – Álvaro – Pepe – Miguel – Carro – Lucas – Noly – Manuel – Alberto – Portela e Jacobo.

Cambios: Campovello por Lucas (min 18 2ª parte), Ramallal por Manuel (min 20 da 2ª parte), Genito por Alberto (min 27 da 2ª parte) e Fabián por Álvaro (min 35 da 2ª parte).

Deixamosvos dúas fotos do partido, un lance do xogo, e o míster Hermelino. 

©Marcos Candia


One thought on “Contra vento e auga. Nova victoria do Mondoñedo”

Os comentarios están pechados.