I Premio de poesía “Leiras Pulpeiro”

O Concello de Mondoñedo deu hoxe a coñecer os gañadores do certame de poesía “Leiras Pulpeiro” que este ano celebra a súa primeira edición.

Con motivo do 100 aniversario do pasamento do ilustre Leiras Pulpeiro, o concello mindoniense instaurou este novo premio, para animar aos creadores e novos talentos no edio da poesía. Nesta primeira edición resultaron gañadores os seguintes participantes:

1º Premio: Xurxo Martínez González, coa súa obra “Nenia e Leiras Pulpeiro” dotado con 1.500,00 €.

2º Premio: Ramón Sandoval Pérez, coa súa obra “Cicatrices do insomnio” dotado con 600,00 €

3º Premio: Olalla López Barro, coa súa obra “O corpo indomábel” dotado con 300,00 €

A entrega de premios terá lugar o vindeiro día 9 de novembro as 12:30 h no Salón de Plenos do Concello de Mondoñedo. A data escollida para esta entrega esta enclavada dentro dunhas xornadas que se celebraran nesta cidade entre os días 9 e 11 de novembro, e que versarán sobre a figura de Leiras Pulpeiro. Unhas xornadas que contarán entre outros coa presenza de ilustres galegos no eido da cultra como: Ramón Reimunde, Xesús Alonso Montero, Armando Requeixo Cuba, Anxo Tarrío Varela, María Dolores Sánchez Palomino, Francisco Fernández Rei, Antón Meilán García o María Camiño Noia Campos ou Justo Beramendi González.

©Marcos Candia

Noite máxica de Samaín en Mondoñedo

Dende a Asoc. Cultural o Pasatempo, dannos conta das súas actividades para a festa do Samaín (noite do 31 de outubro ao 1 de novembro) en Mondoñedo.

Nota de prensa:

“A Asociación Cultural O Pasatempo de Mondoñedo e o Bar O Porriño organizan o vindeiro mércores 31 unha noite máxica de Samaín. Na noite onde tradición e celebración se mesturan nas brumas do outono todos aqueles que o desexen poden disfrutar dun magosto popular, queimada e concurso de decoración de cabazas, todo na Praza do Concello.

A Asociación Cultural O Pasatempo de Mondoñedo comezará na tarde do 31 de outubro a partir das 20:30 coa preparación dun magosto popular na Praza do Concello. Todos e todas os que se acheguen ata alí poderán degustar castañas asadas á maneira tradicional.

Ademais haberá concurso de decoración de cabazas no que poden participar nenos, nenas e persoas de tódalas idades. Aquelas máis traballadas e mellor decoradas levarán premio e todas se poderán ver na mesma Praza do Concello durante a noite.

Para recibir ó mes de novembro á sombra da medianoite haberá queimada e actuación musical a cargo do Bar O Porriño.

O Samain é unha festividade de orixe celta que na noite do 31 de outubro ó 1 de novembro celebra a fin da tempada de colleitas e o comezo da chamada ‘estación escura’, é unha festa de transición e de apertura a outro mundo. Unha festividade que co paso dos anos se foi popularizando en moitas sociedades.

Vén celebrar a noite do Samaín con nós!”

Organizan: “Asoc. Cultural O Pasatempo” e “Bar Porriño”

©Marcos Candia


Partidazo en Abadín e tres puntos de ouro para o Mondoñedo

Vibrante partido o que se puido ver na tarde de hoxe no Municipal de Abadín; enfronte o equipo local e o Mondoñedo, os dous equipos que aguantaban invictos a estas alturas de liga.

Desde logo o encontro non defraudo, moitos goles, emoción ata o final, bo ambiente nas gradas, pero sobre todo deportividade final por ambos bandos nun derbi que se vivíu por todo o alto.

Na previa deste partido comentábamos que Campovello non entraría na convocatoria por lesión, pero ao final estivo dispoñible para Hermelino en Abadín, ainda que se so xogou os últimos 10 min de partido por precaución. Para suplir este contratempo, o preparador mindoniense, despuxo sobre o pequeno campo de Abadín, un trivote no centro do campo, con Carro – Noly – Felipe, que rendiron a un gran nivel e foron moi importantes para a victoria final do Mondoñedo.

Comezou o encontro e os visitantes estaban moito máis metidos no xogo, con máis concentración e sabedores do importante dos tres puntos, tanto é así que no minuto 12 de partido o Mondoñedo xa tiña ao seu favor un claro 0-2 no marcador. O primeiro gol chegaría no minuto 6 de partido, obra de Ramallal, que tras un saque de banda a área de Rosendo, aproveitou un bo tiro de Alberto que o meta local rexeitou e un espelido Ramallal puxo no fondo das mallas, adiantando así os visitantes. Tan so seis minutos despois, no 12, foi Alberto o que aumentou distancias para o Mondoñedo, centro de Felipe mala saída do meta local e Alberto acomódase o balón para mandalo ao fondo da porta, 0-2 e partido encarrilado. De aquí ao final da primeira parte nada cambiaria, o Mondoñedo contivo o seu resultado e o Abadín lanzouse un pouco máis ao ataque desfrutando dalgunha ocasión para recortar distancias.

Seguir lendo Partidazo en Abadín e tres puntos de ouro para o Mondoñedo

A Previa: “Abadín CF – Mondoñedo FC”

Esta fin de semana o Mondoñedo ten un duelo nas alturas.

O equipo da cidade mindoniense, rinde visita ao Abadín, xuntanse así no campo de fútbol municipal do veciño concello, os dous equipos que ainda permanecen invictos na 3ª rexinal grupo 11.

Abadín CF – Mondoñedo FC

Domingo 28 de outubro as 16:30 h (Podedes seguir en DIRECTO este partido facendo click aquí)

Campo de fútbol: Municipal de Abadín (se vos queredes acercar a este estadio tendes toda a información de como chegar facendo click aquí).

Colexiado: D. Fernando Díaz Martínez

Espérase un partido por todo o alto, nun campo que claramente condicionará o xogo dos mindonienses, dadas as súas pequenas dimensións.

Mondoñedo líder con 17 puntos, colleitados tras 7 xornadas con 5 victorias e 2 empates, por un lado, e en contra actuando como local o Abadín con 16 puntos, colleitados tras 7 xornadas, con 5 victorias, 1 empate e 1 xornada de descanso, un descando que o Mondoñedo ainda debe desfrutar, co cal, se cabe, este partido ainda se fai máis importante. ¿Alguén pensa que lle faltan alicientes para ser un gran choque? ¿Seguirán invictos os dous equipos a partires desta xornada firmando un empate? ¿Caerá a balanza dalgún dos lados? O domingo sairemos de dúbidas, pero antes, un pouco de información sobre o día a día dos equipos.

O Abadín, como xa decíamos, chega a este partido tras sete xornada con 16 puntos, a un do Mondoñedo. Xogou e gañou fronte o Celta Barreiros (1-0), UD Folgueiro (2-1), SDC Roupar (1-2), SD Cazás (5-0) e SDC S. Antonio (1-3); deixou os seus únicos puntos do que vai de campeonato cun empate na 1ª xornada no seu propio feudo ante o NR De Galdo por 3 a 3. Das súas victorias vemos 3 como local, 2 delas contra equipos cos que o Mondoñedo FC empatou (Celta Barreiros e Folgueiro) e a outra fronte o colista da liga o Cazás. Das súas victorias a domicilio destacaremos o partido fronte ao SDC Roupar onde o Abadín sufriu para sacar os tres puntos (fronte o Roupar o Mondoñedo ven de gañar no Viñas da Veiga por 4-1).

Seguir lendo A Previa: “Abadín CF – Mondoñedo FC”

Álbume Fotográfico: As San Lucas, 2.012

Mondoñedo celebrou a pasada semana, un ano máis as súas tradicionais Feiras e Festas de San Lucas.

Miles de persoas visitaron a cidade para ver en primeira persoa os variados espectáculos preparados, que na súa maioría versaron sobre a imaxe do cabalo, gran protagonista desta secular cita festiva galega. 

Este blog traevos unha pequena galería fotográfica, con 41 fotos nas que podedes ver imaxes da feira cabalar do día grande, a súa entrega de premios e tamén imaxes do concurso de Andadura Galega celebrado o mesmo día no recinto da granxa. 

Tamén vos recomendamos a visita as nosas web´s amigas Mondonedo.net e Mindonium.es, que contan cadansua co seu respectivo álbume das festas.

Se saes nalgunha foto, ou estás interesado nalgunha en concreto, podes poñerte en contacto con nos a través dos comentarios nesta mesma nova (deixanos o teu enderezo electrónico), ou tamén na nosa dirección de correo electrónico: culturaeocio@hotmail.es.

Podedes ver a galería fotográfica das festas facendo click aquí: “Álbume fotográfico As San Lucas 2.012”

Ademáis deixámosvos unha presentación das imaxes mediante Flickr

©Marcos Candia