O único destacable, os tres puntos

Nova xornada no grupo 11 da 3ª rexional, onde o Mondoñedo tiña unha difícil saída ao campo de 2º clasificado, o Novas Raices del Galdo

O partido desputado onte domingo no campo de Trasvías en Galdo, non foi nin de preto o mellor partido do Mondoñedo. 

Desde o principio do encontro ambos equipos buscaron o seu lugar sobre o céspede. O equipo mindoniense atopouse con un Galdo moi forte físicamente. Nestes minutos iniciais de tanteo foi o Mondoñedo o que golpeou a porta contraria, Noly deixou un balón franco a Ramallal que dun forte disparo e tras un rexeite marcou, o que a proste sería o único tanto do partido, transcorría o mín 12. Durante o resto da primeira parte foi un querer e non poder do Mondoñedo, chegaba a área rival pero faltaba a definición das xogadas, a mellor ocasión foi para Jacobo a saída dun córner botado por Noly, pero o porteiro local atallou sobre a liña de gol. Pola súa parte o Galdo basaba o seu xogo nos balóns en longo, nun destes e xa no min 35 Adrián porteiro do Mondoñedo foi providencial por dúas veces para salvar a ventaxe ao descanso. No último minuto deste período Noly dun certeiro disparo, frouxo pero moi ben colocado, mandou o balón ao pao. 0-1 fin da primeira parte, e unhas sensacións de superioridade que se reflectian no marcador, pero parecia que podían ser máis amplas.

No segundo período cambiaron as tornas, comezou igual que o primeiro, con moitas indecisións e con ambos equipos buscando de novo o seu sitio, pero o Mondoñedo non foi capaz de atopalo. Os locais despuxeron neste período de duas ocasións moi claras para empatar, nunha delas o balón paseouse por diante a porta mindoniense sen atopar rematador, e outra un balón de cabeza que parecía máis difícil fallar que marcar. Sobre o minuto 25 deste período o Mondoñedo foi capaz de saír do seu campo e conseguir dous córners a favor, pero foi so un espellismo e de novo o Galdo volvía a carga. Decir que as ocasións do Galdo eran froito da permisividade mindoniense, daba a sensación de que o Mondoñedo podía facer máis pero non era o día dos homes de Hermelino. Xa ao final Alberto despuxo dunha clara ocasión tras o lanzamento dunha falta, pero o porteiro local rexeitou con acerto o balón. 

Ao final 0-1 para o Mondoñedo, nova victoria, e tres puntos máis que suman xa 12, contando todos os partidos por victorias. Pero como xa se comenta no titular deste partido so se poden salvar eses tres puntos, que ao final será o que conte, pero deben traballar duro esta semana os homes de Hermelino para lavar a imaxe e volver a ofrecernos o fútbol que saben contra o seu próximo rival o Celta Barreiros. 

Na columna da dereita tendes a clasificación xa actualizada.

Datos:

Aliñación Mondoñedo:

Adrián – Álvaro – Pepe – Miguel – Carro – Campovello – Noly – Portela – Jesús – Jacobo e Ramallal. 

Cambios: Lucas por Jesús (min 12 2ª parte), Alberto por Portela (min 14 2ª parte), Manuel por Ramallal (min 36 2ª parte) e Felipe por Jacobo (min 43 2ª parte).

Campo: Trasvías de Galdo, ante un bo número de espectadores. Céspede en moi bo estado.

©Marcos Candia


One thought on “O único destacable, os tres puntos”

Os comentarios están pechados.