Programación S. Lucas 2.012

TEMOS NOVIDADES!

Xa están no noso poder os carteis das orquestas para as S. Lucas deste ano, así como o cartel da feira de gando! Aquí vos deixo as imaxes. Con estas completamos a lista de carteis para este ano, que podedes atopar nesta entrada.

Xa está dispoñible o cartel principal das S. Lucas deste ano 2.012, diseñado por Vizoso. Deixamos aquí o mesmo para o voso desfrute (podedes velo en grande facendo click nel). Ademáis temos xa o nome do que será o pregoneiro das festas o día 17, D. Ramón Villares Paz (antigo alunmo do Seminario Sta. Catalina de Mondoñedo, é Doutor en Historia e Catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela, ademáis foi director de 16 tesis de doutorado e 20 memorias de licenciatura. Foi Rector da Universidade de Santiago de Compostela entre 1.990 e 1.994).

Recordade que iremos actualización esta entrada según teñamos información sobre estas festas.

Un ano máis achegámonos a outubro, o mes por excelencía da festa en Mondoñedo, un ano máis preto están xa “As San Lucas”.

Este ano serán os días 17, 18, 19, 20 e 21 do vindeiro mes.

Xa temos no noso poder un programa, a modo de adianto, as orquestas que actuarán durante os días da festa, así como tamén, o importe dos premios que se repartirán no concurso de gando cabalar a celebrar no “Campo dos Paxariños” o día grande das feiras, o 18 de outubro.

Deixamos aquí pois, este programa de orquestas e de premios do concurso, do mesmo xeito, en canto teñamos toda a información e programa completo das festas achegaremos os datos e eventos restantes.

©Marcos Candia