“A Previa”: Mondoñedo FC – Celta Barreiros

Estreamos novo apartado no tocante a sección deportiva deste blog.

Dende esta xornada, e sempre que nos sexa posible, intentaremos ofrecervos “A Previa“, unha pequena entrada na que falaremos do próximo partido do Mondoñedo FC e do seu rival; nada máis ilustrativo que comezar coa primeira.

Mondoñedo FC – Celta Barreiros.

Sábado 6 as 16:30 h.

Maña sábado, volve o fútbol ao Viñas da Veiga; rinde visita ao líder do grupo 11 de 3ª rexional, nada máis e nada menos que o Celta Barreiros.

A este partido ambos equipos chegan en situacións ben distintas.

O equipo rival, o Celta Barreiros, logo de 4 xornadas desputadas conta con outros tantos puntos 4, colleitados tras unha victoria (na cancha do Cazás, colista da liga, e que non coñece a victoria, por 2-3) e un empate (apañado como local fronte ao S. Antonio, equipo da parte baixa da táboa que tampouco coñece a victoria). O Celta Barreiros recibiu 5 goles e marcou 4 dos cales 3 foron contra o xa sinalado Cazás.

Pola súa parte, a situación do Mondoñedo FC é ben distinta, logo de tamén 4 xornadas desputadas, o equipo local so coñece a victoria, 2 en Mondoñedo e 2 como visitante. Cunha bagaxe de 9 goles a favor e 3 goles en contra. Vemos que so o Goiriz foi capaz de marcarlle máis de un gol ao Mondoñedo, na 1ª xornada de liga, e nun partido marcado claramente polo vento.

Logo destes datos estatísticos e de evolución de ambas escadras no que vai de liga, pasamos agora a anilizar a actualidade do Mondoñedo. Hermelino recuperou durante esta semana aos homes mancados, Rosendo e Fabian. O primeiro, logo de 4 semanas de baixa, comezou a adestrar a menor ritmo, e volta deste xeito a unirse ao grupo, o preparador do Mondoñedo agarda contar con el xa ao 100% para a vindeira semana. Pola súa parte Fabian, esta dispoñible para o partido de maña, logo duns problemas a pasada semana nos cuadriceps. Para este partido, causará baixa Felipe, por motivos persoais. Pola súa parte Noly, adéstrase a menor ritmo que o resto, pero estará dispoñible para este choque, ao igual que Álvaro, que sufrira unha forte entrada no último minuto do partido co NR Galdo, da que xa está plenamente recuperado.

Ademáis Hermelino falounos do rival o Celta Barreiros, un equipo cunha forte rivalidade deportiva co Mondoñedo, algo que de seguro condicionará o partido. Ademáis prevé un partido difícil, xa que considera que a clasificación actual non reflicte o pontencial real do rival. De todolos xeitos agarda poder sumar os 3 puntos, que considera de moita importancia por tratarse dun partido na casa.

©Marcos Candia