O Mondoñedo deixa escapar os primeiros puntos, pero segue invicto

O Mondoñedo deixa escapar os primeiros puntos da liga, logo de empatar a 2 no seu partido desta xornada fronte ao Celta Barreiros.

Tarde de fútbol no Viñas da Veiga, partido de máxima rivalidade entre dous equipos que chegaban de xeito ven distinto ao choque, pero xa nos avisaba Hermelino na previa, que a clasificación do Barreiros non quería decir nada. Destacar tamén a baixa de última hora de Noly por precaución.

Comezou ben o partido para os locais, no minuto 6 Jacobo poñía o 1-0 tras unha boa xogada de equipo. A partir de ahí e durante os vindeiros minutos da 1ª parte o Mondoñedo tivo varias e boas ocasións para aumentar a súa vantaxe, daba a sensación de que ia ser un encontro tranquilo. Pero nada máis lonxe da realidade. O Barreiros neste 1º tempo chegou en dúas ocasións a área do Mondoñedo, ambas a contra pero non foi capaz de perforar a porta de Adrián. O partido estaba a ser vistoso, nunha tarde de temperatura agradable e cunha feble choiva. Así chegabamos ao descanso.

A segunda parte comezou como a 1ª pero cos papeis cambiados; no mesmo minuto que na 1ª, no 6, o Barreiros empatou o partido a un, tras un gol de penalty. Tan so 5 minutos despois, no 11, o Mondoñedo volveu a adiantarse no marcador, un incisivo Ramallal recuperou o balón a base de presión, o seu centro paseoue pola área e chegou a banda contraria onde de novo Carro puxo o balón e agora de certeiro testarazo Portela volvía a poñer por diante o Mondoñedo. Pouco durou a ledicia, no min 18, e tras un saque de falta, Adrián porteiro local, deixou o balón morto na área pequena e logo dun barullo na mesma, o Barreiros foi quen de aproveitar as indecisións para sacar o balón e poñer de novo o empate.  De aquí ata o final o partido foi de ida e volta, o Mondoñedo parecía carecer de ideas e o Barreiros seguía saíndo a contra e tentando levarse os tres puntos. Nos últimos minutos Jacobo, Portela e Manuel puxeron en apuros ao porteiro visitante Roberto, vello coñecido en Mondoñedo xa que defendera as cores locais fai uns anos, e de novo, na tarde de hoxe, deixou mostra da súa calidade facendo dúas moi boas paradas nos minutos 40 e 43 deste segundo tempo. Pero a última ocasión do partido foi para o Barreiros, no minuto 44 de novo nun saque de falta, desta vez Adrián fixo unha moi boa intervención e mandou o balón a córner.

Con este resultado de 2-2 deuse por finalizado o partido. Un partido, que deixa un sabor de boca raro, vimos un Mondoñedo que o intentou pero non foi capaz de levarse os tres puntos diante dun Celta Barreiros que case nin ofreceu fútbol no Viñas da Veiga, apenas foi capaz de entrar na área do Mondoñedo pero levouse un punto do campo do líder.

O Mondoñedo segue así invicto, tras cinco xornadas, catro victorias e este empate. A próxima xornada o Mondoñedo visitará a cancha do Folgueiro, equipo que leva un partido menos, xa que a 1ª xornada para eles foi de descanso.

Datos:

Aliñación: Adrián – Álvaro – Pepe – Miguel – Carro – Campovello – Lucas – Ramallal – Alberto – Portela e Jacobo

Cambios: Genito por Alberto (min 30 2ª parte), Juan por Lucas (min 32 2ª parte), Manuel e Jesús por Portela e Ramallal (min 34 2ª parte)

Campo: Viñas da Veiga, sobre 50 aficcionados. Bo estado do terreo de xogo

©Marcos Candia


2 thoughts on “O Mondoñedo deixa escapar os primeiros puntos, pero segue invicto”

Os comentarios están pechados.