A Previa: “UD Folgueiro – Mondoñedo FC”

Esta fin de semana o Mondoñedo FC afronta unha nova xornada de liga no seu grupo de 3ª rexional; desta volta o rival a batir será a UD Folgueiro.

UD Folgueiro – Mondoñedo FC

Domingo 14 as 16:30 h

Campo de fútbol: Boavista, O Vicedo (se vos queredes acercar a este campo tendes toda a información de como chegar facendo click aquí)

Novo enfrontamento contra un equipo da parte alta da táboa, mostramos un pequeno análise da UD Folgueiro:

O rival do Mondoñedo FC para esta xornada, acode ao encontro como 6º clasificado da liga, con un total de 7 puntos (a 6 puntos do Mondoñedo con 13 líder da táboa), tras conquerir dúas victorias, un empate e unha derrota, apuntando tamén que xa desfrutou da súa xornada de descando (recordamos que o número de equipos desta liga é impar, e cada conxunto debe descansar unha xornada en cada volta da competición).

As dúas victorias da UD Folgueiro chegaron contra dous equipos da parte baixa, 4-1 fronte o Cazás, colista e sen puntos, e 2-3 no campo do San Antonio, antepenúltimo da liga con 2 puntos. O empate foi colleitado contra o Roupar con marcador de 1-1, equipo cos mesmos puntos na táboa que o Folgueiro, e por último a única derrota polo momento do rival mindoniense desta xornada, foille infrinxida polo Abadín CF, con resultado final de 2-1, o Abadín é xunto co Mondoñedo o outro equipo invicto desta liga, e tamén desfrutou xa da súa xornada de descanso. Con estos datos, podemos observar como o Folgueiro atopa dificultades contra os equipos da parte alta da táboa, pero tamén vemos que o Abadín lle ganou pola mínima e no seu propio campo, polo tanto antóllase un partido difícil para os pupilos de Hermelino.

Un Hermelino que nos achegou a actualidade do Mondoñedo FC durante esta semana. Una semana marcada pola normalidade no plano deportivo, pero co mal sabor de boca, que deixou o último partido, recordamos fronte ao Barreiros, onde o Mondoñedo veu como se lle escapaban os primeiros puntos da liga, e no Viñas da Veiga.

Esta semana os adestramentos transcorreron con normalidade, vendo os mesmos a total e efectiva incorporación de Rosendo, unha vez recuperado xa dos seus problemas físicos, Hermelino poderá contar xa con el neste partido. Tamén poderá contar con Noly, ainda que este adrestrou a menor ritmo que o resto, reservándose así de cara ao encontro ca UD Folgueiro.

Na convocatoria para o partido de maña domingo entran todos os efectivos do plantel mindoniense a excepción de Felipe e Juan por decisión técnica e Genito por sanción dun encontro. Tanto os xogadores como os técnicos do Mondoñedo mostran a súa esperanza en conquerir un bo resultado neste partido, o que lles permitiria seguir nos postos altos da clasificación.

Ademáis desta información do 1º equipo do Mondoñedo, esta semana temos tamén outras novidades. As categorias inferiores do Mondoñedo, prebenxamíns, benxamíns e alevíns fan a súa presentación logo dun mes de adestramentos, será fronte as escolas de Foz, nesta localidade, e este mesmo sábado. En canto a competición oficial para eles dará comezo o día 28 deste mesmo mes.

©Marcos Candia