Festa de goles e tres puntos máis

Onte sábado o Mondoñedo volveu a sumar os tres puntos logo dun gran partido.

Volve a senda da victoria, tres puntos moi importantes, boas sensacións e goles, moitos goles, 4-1 foi o resultado final.

Antes de cumplirse a media hora de xogo o Mondoñedo xa tiña un claro 3-0 no marcador ao seu favor. Golpearon rápido e ben os locais, con moito acerto nos metros finais e cunha primeira parte de moi bo xogo, con moito dominio de balón e na que deu a sensación de que a goleada incluso podía ser maior. No minuto 2 de partido xa estaba por diante no marcador o Mondoñedo. Manuel lanzou unha falta ao borde da área e puxo o balón na mesma escadra, todo un golazo. 18 minutos despois no 20, sería Portela o que marcaría o 2-0, o Mondoñedo era dono e señor do encontro. No minuto 28 de novo Portela, tras un gran pase dividido de Manuel, anticipouse a defensa e cunha preciosa vaselina puxo o 3-0 co que se chegaría ao descanso. Nesta primeira parte o Roupar so chegaba a porta do Mondoñedo a través de balóns parados, a súa ocasión máis clara foi no min 22 onde un dos seus homes quedou so diante Adrián que desviou o balón a córner. Pero o Mondoñedo, como diciamos, puido ir ao descanso con máis vantaxe no marcador, Manuel no minuto 35 despuxo dunha gran ocasión que a defensa visitante enviou a córner, e novamente Manuel no 40 finalizou unha gran xogada convinativa de equipo, que rematou cun centro de Álvaro e chilena de Manuel que se foi fora por moi pouco. Un Manuel que rallou a gran nivel neste encontro.

Seguir lendo Festa de goles e tres puntos máis