Festa de goles e tres puntos máis

Onte sábado o Mondoñedo volveu a sumar os tres puntos logo dun gran partido.

Volve a senda da victoria, tres puntos moi importantes, boas sensacións e goles, moitos goles, 4-1 foi o resultado final.

Antes de cumplirse a media hora de xogo o Mondoñedo xa tiña un claro 3-0 no marcador ao seu favor. Golpearon rápido e ben os locais, con moito acerto nos metros finais e cunha primeira parte de moi bo xogo, con moito dominio de balón e na que deu a sensación de que a goleada incluso podía ser maior. No minuto 2 de partido xa estaba por diante no marcador o Mondoñedo. Manuel lanzou unha falta ao borde da área e puxo o balón na mesma escadra, todo un golazo. 18 minutos despois no 20, sería Portela o que marcaría o 2-0, o Mondoñedo era dono e señor do encontro. No minuto 28 de novo Portela, tras un gran pase dividido de Manuel, anticipouse a defensa e cunha preciosa vaselina puxo o 3-0 co que se chegaría ao descanso. Nesta primeira parte o Roupar so chegaba a porta do Mondoñedo a través de balóns parados, a súa ocasión máis clara foi no min 22 onde un dos seus homes quedou so diante Adrián que desviou o balón a córner. Pero o Mondoñedo, como diciamos, puido ir ao descanso con máis vantaxe no marcador, Manuel no minuto 35 despuxo dunha gran ocasión que a defensa visitante enviou a córner, e novamente Manuel no 40 finalizou unha gran xogada convinativa de equipo, que rematou cun centro de Álvaro e chilena de Manuel que se foi fora por moi pouco. Un Manuel que rallou a gran nivel neste encontro.

Xa na 2ª metade, o Mondoñedo saiu ao campo moi relaxado, con 3-0 ao seu favor, so tivo que esperar o paso dos minutos. Pero o Roupar non se veu abaixo nin moito menos, e despuxo dalgunha ocasión; nos primeiros 10 minutos deste período a área mindoniense xa fora visitada en tres veces polos homes de Roupar, con ocacións máis ou menos claras para conquerir algún tanto. A partir de aquí Hermelino comezou a meter homes de refresco ao campo o que volveu a dar vantaxe ao Mondoñedo. O paso dos minutos empezou a pesar nos xogadores do Roupar, que tiveron outra clara ocasión no minuto 26 que novamente un acertado Adrián mandou a córner. E ata aquí, o Mondoñedo volveu a facerse dono do balón, e nunha destas, no minuto 34 Ramallal, que entrará nesta segunda metade, foise por velocidade do seu marcador e puxo o 4-0 no taboleiro. De aquí ao final minutos da basura, que se viron empañados no 48 por un gol do Roupar. Un dos seus homes disparou un balón alto dende a frontal da área do Mondoñedo, dito balón entrou como quen non quere a cousa pola escadra dun confiado Adrián que cecais esperaba que se marchara fora.

3 puntos moi importantes para o Mondoñedo, que na próxima xornada rinde visita, nada máis e nada menos, que ao Abadín, segundo da liga, e que se encontra a tan so un punto dos mindonienses, tras gañar nesta xornada por 1-3 en Lugo fronte ao S. Antonio, cabe destacar eso sí, que xa descansaron unha xornada, co cal se fai todavía máis importante puntuar para manterse arriba. Será todo un duelo no que se poderá desfrutar dos dous equipos que ainda se manteñen invictos.

Datos:

Aliñación: Adrián – Álvaro – Pepe – Miguel – Genito – Carro – Campovello – Manuel – Portela – Jesús e Jacobo

Trocos: Juan por Campovello (min 15 2ª parte), Ramallal por Portela (min 18 2ª parte), Alberto por Manuel e Felipe por Jesús (ambos no min 23 da 2ª parte)

Campo: Viñas da Veiga, ante aproximadamente 60 espectadores. Tarde agradable de fútbol, sobre un céspede en perfecto estado.

©Marcos Candia


 

One thought on “Festa de goles e tres puntos máis”

Os comentarios están pechados.