Partidazo en Abadín e tres puntos de ouro para o Mondoñedo

Vibrante partido o que se puido ver na tarde de hoxe no Municipal de Abadín; enfronte o equipo local e o Mondoñedo, os dous equipos que aguantaban invictos a estas alturas de liga.

Desde logo o encontro non defraudo, moitos goles, emoción ata o final, bo ambiente nas gradas, pero sobre todo deportividade final por ambos bandos nun derbi que se vivíu por todo o alto.

Na previa deste partido comentábamos que Campovello non entraría na convocatoria por lesión, pero ao final estivo dispoñible para Hermelino en Abadín, ainda que se so xogou os últimos 10 min de partido por precaución. Para suplir este contratempo, o preparador mindoniense, despuxo sobre o pequeno campo de Abadín, un trivote no centro do campo, con Carro – Noly – Felipe, que rendiron a un gran nivel e foron moi importantes para a victoria final do Mondoñedo.

Comezou o encontro e os visitantes estaban moito máis metidos no xogo, con máis concentración e sabedores do importante dos tres puntos, tanto é así que no minuto 12 de partido o Mondoñedo xa tiña ao seu favor un claro 0-2 no marcador. O primeiro gol chegaría no minuto 6 de partido, obra de Ramallal, que tras un saque de banda a área de Rosendo, aproveitou un bo tiro de Alberto que o meta local rexeitou e un espelido Ramallal puxo no fondo das mallas, adiantando así os visitantes. Tan so seis minutos despois, no 12, foi Alberto o que aumentou distancias para o Mondoñedo, centro de Felipe mala saída do meta local e Alberto acomódase o balón para mandalo ao fondo da porta, 0-2 e partido encarrilado. De aquí ao final da primeira parte nada cambiaria, o Mondoñedo contivo o seu resultado e o Abadín lanzouse un pouco máis ao ataque desfrutando dalgunha ocasión para recortar distancias.

 

Na segunda metade os locais saíron mellor ao campo, tras uns minutos iniciais de tanteo, o Abadín acortou distancias, foi no minuto 8 desta 2ª parte, cando dun forte disparo dende a frontal da área mindoniense e tras un rexeite o balón colouse na meta de Adrián, levando así a emoción ao marcador. Unha emoción que pouco durou, xa que no minuto 12 de novo Alberto ampliaba distancias, un gol de desborde e velocidade do extremo mindoniense que poñía o 1-3 no marcador. A partir deste momento o partido púxose completamente tolo con ocasións para ambos lados; no minuto 14 unha clarísima para o Abadín que desviou Adrián, que na tarde de hoxe fixo un gran partido.

Seguía os seus derroteiros o partido, pero no min 18, sufriu un importante cambio, Alberto que levaba dous goles e un bo encontro, fixo unha fea entrada por detrás a un home do Abadín, e o colexiado non dubidou en amosarlle o cartón vermello directo, quedaba ainda moito tempo por diante e o Abadín vía como conseguía superioridade númerica. Viñéronse arriba os locais e apretaron ao Mondoñedo, que soubo conter unha por unha as acometidas do Abadín, e incluso no minuto 28 aumentar diferencias, 1-4. Gol de Jacobo que cortou así a súa mala xeira de cara a porta; a asistencia de gol foi de Noly, un Noly que presionou e roubou o balón na saída do Abadín. Parecía que todo estaba visto para sentencia e que os homes de Hermelino so terían que aguantar o resultado, nada máis lonxe da realidade. No min 30 a falta dun cuarto de hora, o Abadín puxo o 2-4 no marcador, e no minuto 44 o 3-4, provocando así un final de infarto no partido. Ambos goles do Abadín, foron froito da súa boa presión a defensa mindoniense, que pecou cecais de branda a hora de sacar con contundencia o balón. O colexiado, moi protestado por ambos bandos e por toda a aficción presente no municipal de Abadín, levou esta segunda parte ata o minuto 52, pero nada cambiou xa no marcador. O Mondoñedo aguantou o resultado e o 3-4 converteuse en definitivo tras un gran partido, que como decíamos tivoo todo.

Con esta nova victoria, importantísima para o Mondoñedo, os do Viñas da Veiga, seguén líderes, con 20 puntos de 24 desputados. Na segunda praza queda agora o San Román a tres puntos do Mondoñedo, e terceiro o Abadín, que trala derrota de hoxe quédase con 16 puntos, seguido polo Ourol 4º con 15 puntos, o Galdo 5º con 13 e o Celta Barreiros 6º con 12 puntos. Como vemos todo moi apretado na parte alta da táboa, e con un Mondoñedo que se mantén firme no liderato.

Na vindeira xornada visitará o Viñas da Veiga a SD Cazás, co cal estarán sobre o céspede o líder e o colista, un partido para non relaxarse, xa que o Cazás ven de sumar os seus primeiros puntos da liga, trala súa victoria por 2-0 fronte a SDC S. Antonio.

Datos:

Aliñación: Adrían – Rosendo – Pepe – Miguel – Genito – Felipe – Noly – Carro – Ramallal – Alberto e Jacobo

Trocos: Portela por Ramallal (min 24 da 2ª parte), Juan por Felipe (min 28 da 2ª parte), Campovello por Noly (min 42 da 2ª parte) e Manuel por Jacobo (min 48 da 2ª parte)

Campo: Municipal de Abadín. Céspede moi brando que acabou bastante embarrado ao final do partido. Tarde bastante fría, que non botou atras aos aficcinados, que deron colorido as gradas cunha gran entrada. Gardouse un minuto de silencio pola morte do pai dun dos xogadores do Abadín.

©Marcos Candia


4 thoughts on “Partidazo en Abadín e tres puntos de ouro para o Mondoñedo”

  1. Noraboa po lo blogue, e sobre todo por esta crónica ben detallada, propia dos mellores cronistas deportivos da provincia

Os comentarios están pechados.