I Premio de poesía “Leiras Pulpeiro”

O Concello de Mondoñedo deu hoxe a coñecer os gañadores do certame de poesía “Leiras Pulpeiro” que este ano celebra a súa primeira edición.

Con motivo do 100 aniversario do pasamento do ilustre Leiras Pulpeiro, o concello mindoniense instaurou este novo premio, para animar aos creadores e novos talentos no edio da poesía. Nesta primeira edición resultaron gañadores os seguintes participantes:

1º Premio: Xurxo Martínez González, coa súa obra “Nenia e Leiras Pulpeiro” dotado con 1.500,00 €.

2º Premio: Ramón Sandoval Pérez, coa súa obra “Cicatrices do insomnio” dotado con 600,00 €

3º Premio: Olalla López Barro, coa súa obra “O corpo indomábel” dotado con 300,00 €

A entrega de premios terá lugar o vindeiro día 9 de novembro as 12:30 h no Salón de Plenos do Concello de Mondoñedo. A data escollida para esta entrega esta enclavada dentro dunhas xornadas que se celebraran nesta cidade entre os días 9 e 11 de novembro, e que versarán sobre a figura de Leiras Pulpeiro. Unhas xornadas que contarán entre outros coa presenza de ilustres galegos no eido da cultra como: Ramón Reimunde, Xesús Alonso Montero, Armando Requeixo Cuba, Anxo Tarrío Varela, María Dolores Sánchez Palomino, Francisco Fernández Rei, Antón Meilán García o María Camiño Noia Campos ou Justo Beramendi González.

©Marcos Candia

One thought on “I Premio de poesía “Leiras Pulpeiro””

Os comentarios están pechados.