A Previa: “Mondoñedo FC – SD Cazás”

Novo partido para o Mondoñedo, desta volta, visita o Viñas da Veiga a SD Cazás colista do grupo 11 da 3ª rexional galega con 3 puntos.

Mondoñedo FC – SD Cazás

Domingo 4 de novembro as 16:15 h

Campo de fútbol: Viñas da Veiga, Mondoñedo

Árbitro: D. Adrián Álvarez Ignacio

O Mondoñedo volve a casa e con todos os honores, logo de gañar na pasada xornada fronte o Abadín e aumentar así a súa vantaxe ao fronte da clasificación. Ademáis, os mindonienses, coa súa victoria no municipal de Abadín, conseguiron romper a imbativilidade destes. Xa quedan poucos equipos invictos a estas alturas de competeción, de feito na provincia de Lugo e tendo en conta a 2ª división, a preferente norte, a 1ª, 2ª e 3ª rexionais, atopamos que so o Mondoñedo, o Castro (1ª aut. grupo 3) e o Sagrado Corazón (2ª aut. grupo 8 ) son capazas de seguir sumando xornada tras xornada e de non perder, polo momento, ningún partido.

En canto ao partido desta fin de semana, chega ao campo do Mondoñedo un equipo que a priori pode parecer asequible, a SD Cazás, que trala desputa de 8 xornadas, aparece último na táboa clasificatoria con 3 puntos, os cales conseguiu no seu último partido, tras gañar a SDC S. Antonio (penúltimo da liga) por 2-0. Ademáis o Cazás, ten un partido aprazado, o seu duelo da 1ª xornada fronte o SD Momán que se xogará o día 9 de decembro, e tamén, desfrutou xa da súa xornada de descanso desta 1ª volta. Levan un total de 6 goles a favor por 18 en contra, cos seguintes resultados: NR Galdo 4-0 Cazás, Cazás 2-3 Celta Barreiros, Folgueiro 4-1 Cazás, Cazás 1-2 Roupar, Abadín 5-0 Cazás e o xa comentado 2-0 co San Antonio. Ainda que como xa comentamos, poda parecer un partido asequible non deben fiarse os mindonienses do potencial do Cazás, que de seguro vira ao Viñas da Veiga a por todas e con gañas de levarse os tres puntos.

Pola súa parte o Mondoñedo chega a este partido coa moral polas nubes logo de gañar por 3-4 na casa do Abadín, o outro equipo que quedaba invicto nestre grupo de 3ª Rexional. Así o Mondoñedo afianzouse na 1ª praza con 20 puntos, deixando o segundo posto a 3 puntos de distancia (San Román 17 puntos) e relegando ao Abadín a 3ª posición con 16 puntos.

Durante a semana o equipo mindoniense entrenou con normalidade contando coa volta ao traballo de Fabián, recuperado xa da lesión que arrastraba dende o partido contra o Folgueiro. Ademáis destacar tamén a incorporación ao equipo de Mondoñedo de Daniel Neira, procedente dos xuvenís do Lourenzá, que se une así a disciplina de Hermelino. Na parte das baixas, o Mondoñedo non pode contar con Álvaro por enfermidade, Alberto sancionado trala súa vermella en Abadín e tampouco con Juan por motivos persoais.

Deste xeito a convocatoria mindoniense queda formada polos seguintes xogadores:

Adrián – Rosendo – Fabián – Pepe – Miguel – Genito – Carro – Felipe – Noly – Jesús – Campovello – Lucas – Ramallal – Manuel – Portela e Jacobo

©Marcos Candia