Tempo de setas

“Os Bolouros”, asociación de amigos das setas de Foz, traénnos a 34ª semana micolóxica que se celebrará no concello mariñán neste mes de novembro.

Saída ao campo a recoller cogumelos e a identificación e degustación das distintas especies serán os puntos fortes destas xornadas en Foz. Para completar a información deixámosvos aquí todas as datas e horarios.

Domingo 11

Saída a Castro de Rei para a recollida e identificación de cogomelos. (En coches particulares as 9:00 h diante do Concello de Foz, xantar opcional)

Luns 12

Xuntanza micolóxica. Recepción e identificación das especies (Membros de “Os Bolouros” axudaran a identificar as setas recollidas polos afeccionados). Bar “O Taco” dende as 20:00 h ata as 21:30 h (teléfono: 982 141 893)

Sábado 17

Céa micolóxica. Sera no “Rincón de Anita” as 22:00 h (teléfono: 982 140 159). Custo de 35 € para socios e 40 € para os non socios. Imprescindible anotarse antes do día 16!!!. Actuación musical do grupo “Najla Shami”

Luns 19

Xuntanza micolóxia. Recepción e identificación das especies (Membros de “Os Bolouros” axudaran a identificar as setas recollidas polos afeccionados). Bar “O Taco” dende as 20:00 h ata as 21:30 h (teléfono: 982 141 893)

Domingo 25

Saída aos montes de Muras, para a recollida e identificación de cogomelos. (saída da Casa do Concello as 9:00 h. Xantar no Viveiró. Viaxe en autocar. Prezo (autocar e comida): 30 € socios e 35 € non socios

Luns 26

Xuntanza micolóxia. Recepción e identificación das especies (Membros de “Os Bolouros” axudaran a identificar as setas recollidas polos afeccionados). Bar “O Taco” dende as 20:00 h ata as 21:30 h (teléfono: 982 141 893)

Líder por goleada

O Mondoñedo impón a súa condición de líder ante o colista da clasificación, e vence por un claro 6-0.

Visitaba hoxe o Viñas da Veiga o colista do grupo 11 da 3ª rexional a SD Cazás, o Mondoñedo tiña así unha clara oportunidade de sumar novamente os tres puntos, e dende logo, non a desaproveitou.

Partido sen historia o visto hoxe en Mondoñedo, con un cadro local moi superior ao Cazás, que tan so tirou unha vez a porta local en todo o encontro. Ao descanso o Mondoñedo xa se impoñía por 3-0 no marcador con goles de Portela, un en propia do Cazás e o terceiro de Manuel. Con este resultado a segunda parte era so un mero trámite.

Un segundo tempo que o Mondoñedo aproveitou para facer un gran fútbol e ampliar máis a súa vantaxe no marcador, con goles de Manuel e Portela que facian cadanseu par neste partido e Jacobo que vía novamente porta logo de marcar tamén en Abadín.

Con este resultado os de Hermelino afiánzanse na 1ª praza da clasificación con 23 puntos de 27 que se levan desputado. 2º queda o Abadín con 19 puntos, un Abadín que recupera esta praza logo da súa victoria onte no campo do San Román por 2-3; un San Román que segue na 3ª praza con 17 puntos. Por detrás cuarto é o Pol con 15 puntos, 5º o Ourol cos mesmos puntos e 6º o NR Galdo con 13 puntos.

Ademáis con esta victoria o FC Mondoñedo convértese no único equipo da provincia de Lugo (2ª división, preferente e 1ª,2ª e 3ª rexionais) que segue invicto, logo de caer nesta xornada tanto o Castro (1ª rexional grupo 3) como o Sagrado Corazón (2ª rexional grupo 8).

A próxima semana o cadro mindoniense visitará o céspede artificial da SDC San Antonio en Lugo.

Datos:

Aliñación: Adrián – Rosendo – Genito – Miguel – Campovello – Felipe – Noly – Carro – Manuel – Portela e Jacobo

Trocos: Fabián por Rosendo, Ramallal por Felipe, Jesús por Genito, Pepe por Miguel e Lucas por Noly.

©Marcos Candia