Líder por goleada

O Mondoñedo impón a súa condición de líder ante o colista da clasificación, e vence por un claro 6-0.

Visitaba hoxe o Viñas da Veiga o colista do grupo 11 da 3ª rexional a SD Cazás, o Mondoñedo tiña así unha clara oportunidade de sumar novamente os tres puntos, e dende logo, non a desaproveitou.

Partido sen historia o visto hoxe en Mondoñedo, con un cadro local moi superior ao Cazás, que tan so tirou unha vez a porta local en todo o encontro. Ao descanso o Mondoñedo xa se impoñía por 3-0 no marcador con goles de Portela, un en propia do Cazás e o terceiro de Manuel. Con este resultado a segunda parte era so un mero trámite.

Un segundo tempo que o Mondoñedo aproveitou para facer un gran fútbol e ampliar máis a súa vantaxe no marcador, con goles de Manuel e Portela que facian cadanseu par neste partido e Jacobo que vía novamente porta logo de marcar tamén en Abadín.

Con este resultado os de Hermelino afiánzanse na 1ª praza da clasificación con 23 puntos de 27 que se levan desputado. 2º queda o Abadín con 19 puntos, un Abadín que recupera esta praza logo da súa victoria onte no campo do San Román por 2-3; un San Román que segue na 3ª praza con 17 puntos. Por detrás cuarto é o Pol con 15 puntos, 5º o Ourol cos mesmos puntos e 6º o NR Galdo con 13 puntos.

Ademáis con esta victoria o FC Mondoñedo convértese no único equipo da provincia de Lugo (2ª división, preferente e 1ª,2ª e 3ª rexionais) que segue invicto, logo de caer nesta xornada tanto o Castro (1ª rexional grupo 3) como o Sagrado Corazón (2ª rexional grupo 8).

A próxima semana o cadro mindoniense visitará o céspede artificial da SDC San Antonio en Lugo.

Datos:

Aliñación: Adrián – Rosendo – Genito – Miguel – Campovello – Felipe – Noly – Carro – Manuel – Portela e Jacobo

Trocos: Fabián por Rosendo, Ramallal por Felipe, Jesús por Genito, Pepe por Miguel e Lucas por Noly.

©Marcos Candia