Antonio Noriega Varela

“Cultura e Ocio” ten o pracer e inmenso honor de poder presentarvos unha nova categoría “Antonio Noriega Varela”.

Como xa sabedes Noriega foi un ilustre mindoniense nado o 19 de outubro no ano 1.869 e finado en Viveiro o ano 27 de marzo do ano 1.947. Adicou a súa vida ao periodismo e a escrita de poemas editando un libro “Montañesas” que a partir da 3ª edición deu lugar a coñecida obra “D’o Ermo”.

Gracias a familia do ilustre Noriega, temos o pracer de facervos chegar parte dos poemas contidos en “Montañesas”, cos cales daremos forma a esta sección que hoxe vos presentamos. Neste punto, queremos dar as gracias, de forma especial a “Pepe de Noriega” que agarimosamente nos facilitou toda a información e poemas para este blog; ademáis o devandito “Pepe de Noriega” ten na rede un blog sobre a vida de Noriega, e sobre a súa gran obra, dito blogue podedes velo facendo click aquí.

Para estrear esta sección nada mellor que comezar co final duns versos manuscritos de puño e letra do propio Noriega Varela. En vindeiras entregas, como comentabamos, transcribiremos varios poemas da súa obra “Montañesas”. Facendo click na imaxe podedes vela a maior tamaño. 

As imaxes que ilustran esta entrada foron cedidas por “Pepe de Noriega”

©Marcos Candia