“Os médicos y os manciñeiros”

Díxome un día o Galaneiro de Cezuras:

-Os médecos non lles teñen boa fé.

-¿E por qué dí eso?

-Pois verá: Si se fina un enfermo questivese coidado pol-o médeco, a xente dí: ¡Matóuno o médico!

-E si o enfermo sana, entón dí:

-¡N-o sanóu o médeco, senón os santos!

-Vale máis sere manciñeiro, que diles todo dios fala ben.

-Pro os manciñeiros son unhos bestas.

-Non diga eso, ay don Duardo, que haber, haillos ¡que moito lle saben!

-Celeirote, ¿será un diles?

Celeirote pasa de dous anos que se finou. E mais a verdá seña dita, coma il non quedaron catro n-a Galícea. Pro sonlle tamén bos manciñeiros, Teixidal, de Trabada; Rafayel, de San Pedro de Bazar; Basanta, de Villaronte; Farruco das Lamas, do Coto; Ramón do Seixo, de Masma; Teixeiro, de Curros, e Zacarías, de Romariz.

Celeirote era manciñeiro do gado e da xente; tiña sona en moitas légoas ô redor, e gustáballe máis traballar co-a xente; Teixidal é manciñeiro do gado e, si se pón, da xente tamén; Rafayel é manciñeiro da xente e do gado, y-outros son manciñeiros do gado, agal-o Teixeiro que o é da xente e do gado e pra curar pernas e brazos rotos ou esnogados e toda cras de hosos, non satopa outro coma íl y-o Zacarías, que curô gado e tamén a moita xente.

Toda cencia do Celeirote adeprendeuna iste n-un libro do sigro XVII, que foi do Mosteiro de Meira e que o Celeirote amosabalgús amigos, ôs cales, y-a demáis xente, decía que no-o daba por tres mil reás; Teixidal, pra curar bestas e vacas, é cousa acabada. Hastro chaman de dez e de doce légoas de camiño. Fai dous anos pras San Lucas, por sacarlla cría morta ônha vaca de Lanzós, preto de Villalba, levou catorce pesos.

Rafayel é tamén un capador de gran sona. Moito é o que sabe y-o questudia n-os moitos libros que tén. Traballa n-os concellos de Castro de Rey, Meira, Pastoriza, Abadín e Cospeito, máis do que pode. É un batán. Por meiciñar â xente y-ô gado e por capar, leva cada ano, de cada casa, un ferrado de forraxe (trigo y centeno), e de todas élas axunta satenta e cinco fanegas. De modo e de maneira que traballa en trescentas casas. Pro ademáis da xente que non tén axustada y-o chama ou se consulta cu-íl, recibe de cote cartos y-énchelle a casa de hovos, manteiga e chiculate do bon. Diste, ás veces, tén máis de doce arrobas, e vanllo a mercar os que o percisan. Pol-a festa do San Pedro lévanlle mél, manteiga crua e carneiros.

Basanta e Farruco das Lamas teñen gran sona pra curar cochos; como Seixo, naida diste mundo curas oliras das bestas; ô Teixeira, quedáronlle os libros de seu pai e de seu abó, que tamén foron manciñeiros sonados, y-o Zacarías cura con meiciñas quil fai e con palabras.

Vexamos coma o Zacarías fai algunhas curas con palabras.

Pra cural-as vacas, bois y-outros animales que teñen unha pataca ou unha cachola de nabo n-a gorxa, di: Si é vaca. “A vaca Marela (si se chama desta maneira) tén unha pataca (si-é pataca) n-a gorxa. A pataca se volva y-auga e de y-auga, beba, pol-o poder que Dios tén y-a Virxe María. Amén».

Logo reza once Avemarías, dempois de prosinarse e descuberto.

As rosas da xente e do galo, cúraas dicindo:

«Rosa cabalare, ¿que vés aquí buscare?

¿Cinza ou carbón de tras do lare?

Vaite aló ás ondas do xare,

Onde non oyas galo cantare,

Nin galiña cacarexare.

Non cabes nin labres

Nin rebardebes,

Nin probalezas nin roezas,

Nin fagas mal, onde mal parezas,

Pol-o poder que Dios tén

Y-a Virxen María. Amén»

Dempois reza dez Avemarías.

Pra cural-as queimaduras, di ôs que as teñen que digan esta oración, entramentras il reza us Padrenuestros, de xionllos:

«O pan, pra fame; a y-auga, pra sede; y-o lume, pro frío. Eisí coma estas tres palabriñas son verdade, non cabes, nin queimes, nin ares e mírame estas carnes, pol-o poder que Dios tén y-a Virxen María. Amén».

E pra cural-o fogo, ou seña a irritación da pél, ponlle ô enfermo, n-a mau xurda, un prato con terra, e n-a dreita, unha navalla aberta e dille que diga a siguente oración, facendo unha cruz n-a terra do prato, co-a navalla, ô decir: «N-a terra te boto»:

«Santa Apolacía tres fillas tiña: Unha, urdía; outra, roía, y-outra, pol-a auga iba. Eisí coma estas palabriñas son verdade, non luzas, non comas, non probalezas, nin roezas, nin fagas cousas que mal parezas. Cóstote e n-a terra te boto, pol-o poder que Dios tén y-a Virxen María. Amén».

A espinilla érguese dicindo:

«Espinilla, palatilla, calleiro baixo, volve ô teu lugar, coma volven os rolos pro mar, coma volve o cura pro altar.

Polo poder que Dios ten y-a Virxen María. Amén».

Este texto é orixinal do libro «Etnografía Mindoniense«, editado por Armando Requeixo. O texto transcríbese de xeito igual que foi recollido por Eduardo Lense Santar o 04 de xullo do ano 1.939.


Coa colaboración de Armando Requeixo

©Marcos Candia