A previa: “SDC S. Antonio – Mondoñedo FC”

O líder visita a capital lucense, para medirse a SDC San Antonio, último partido antes da xornada de descanso para os mindonienses.

SDC San Antonio – Mondoñedo FC

Sábado 10 de novembro as 20:00 h

Campo de fútbol: Luis López Gorgoso, Lugo (se queres chegar ata este campo podes ver a súa ubicación facendo click aquí)

Árbitro: D. José Yáñez García

Os xogadores mindonienses afrontan o seu décimo partido desta liga, co honor de ser o único equipo da provincia de Lugo que se mantén invicto (2ª Div, 3ª div, pref e rexionais), e sabendo ademáis que a vindeira semana desfrutarán da súa xornada de descanso.

Por este último motivo é importante para o Mondoñedo conseguir os tres puntos na súa visita as terras da cidade amurallada, bueno mellor dito tapete artificial, xa que o campo no que se xogará este partido ten superficie deste tipo, o que para o preparador do Mondoñedo, Hermelino, é un claro contratempo, ante o cal os xogadores do Viñas da Veiga deberán adaptarse de forma rápida a nova superficie e os seus condicionantes para o trato do balón. Como xa decíamos, ademáis, a próxima semana o Mondoñedo descansa, e sería un aliciente máis que evidente chegar a ese parón conquerindo puntos en todos os partidos e seguindo así coa hexemonía de equipo invicto.

Falamos un pouco do rival mindoniense, a SDC San Antonio de Lugo. Un equipo que actualmente se atopa na parte baixa da táboa clasificatoria, con 5 puntos, tras estas 9 xornadas, cos seguintes resultados: 1 victoria (na cancha do Roupar por 1-3), 2 empates (fronte o Momán e o Celta Barreiros ambos a domicilio), 5 derrotas (fronte o Codesido por 1-3, o NR Galdo por 0-2, a UD Folgueiro por 2-3, o Abadín por 1-3 e o Cazás colista da liga por 2-0) e 1 xornada de descanso, precisamente a pasada, co cal chegan a este partido máis frescos que os xogadores mindonienses. Destos datos podemos destacar que a SDC San Antonio non foi capaz de salvar ningún punto no seu propio campo, conseguindo os 5 que ten nas súas visitas a Momán, Barreiros e Roupar.

Falamos tamén, como todas as semanas co preparador mindoniense, Hermelino. O míster ve un condicionante importante o céspede do Luis López Gorgoso, que conta con tapete artificial, pero non o considera escusa, cree que os seus xogadores se adaptaran a nova superficie. Tanto Hermelino, como todos os xogadores mindonienses agardan puntuar en Lugo, e chegar así a súa xornada de descanso invictos.

En canto a convocatoria, Hermelino non contará por decisión técnica con Manuel. Felipe enfermo e Fabián lesioanado nos entrenos son as outras baixas. Deste xeito os xogadores que viaxan a Lugo son os seguintes:

Adrián – Miguel – Campovello – Pepe – Ramallal – Rosendo – Genito – Portela – Jacobo – Noly – Carro – Jesús – Alberto – Lucas – Álvaro e Juan

©Marcos Candia