Mondoñedo FC presenta: “Invictus”

O Mondoñedo visitou a capital lucense, nun horario nada habitual (20:00 h) nunha chuviosa tarde e sobre o céspede artificial do municipal Luis López Gorgoso… Pero o líder demostrou o porque está ahí.

Presentouse o Mondoñedo en Lugo co cartel de líder e invicto, único equipo na provincia con esta honra; pero a pesar disto, o partido comezou sen un dominador claro, con moito xogo no medio do campo e con abundantes balóns en largo que se perdian debido a rapidez do céspede, provocada pola incesante chuvia que caeu toda a tarde en Lugo. Pero o líder golpeu primeiro e foi un cambio radical no partido; no minuto 24 Portela foi derrubado polo porteiro local e o colexiado non dubidou en sinalar a pena máxima. O encangardo de executala foi Carro que abreu así a lata e marcou o camiño da victoria. Pouco tardaría de novo o Mondoñedo en marcar, exactamente 3 minutos, Campovello recuperou un balón, cedeullo a Ramallal que se foi do seu par, prantouse no área e puxo un franco 0-2 no marcador, cando ainda transcorría o minuto 28 de xogo. A partir deste punto o partido tranquilizouse, volveu o xogo no medio campo e de novo sen ocasións claras; así ata que o San Antonio se espabiliou, e a base de chegadas ailladas e córners puxo en varias ocasións a meta de Adrián en serios apretos, o Mondoñedo estaba a dar moitas facilidades ao equipo local neste treito final da primeira parte. Unha primeira parte que se cerraría para o Mondoñedo con un gran lanzamento de falta por parte de Carro que se foi lamendo o pau, era o minuto 40. De aquí ata o final deste período o San Antonio ainda tivo outra clara para marcar que foi desviada pola defensa a corner, e a saída deste de novo o balón rozou a trave de Adrián; chegábase ao descanso, que era o mellor que lle podía pasar nese intre ao Mondoñedo.

A segunda metade comezou co claro condicionante do tapete artificial do Luis López Gorgoso, que debido a chuvia incesante, comezaba a ter zonas onde o balón se quedaba parado, en contraposición a outras onde a súa velocidade se volvía endiablada. Logo dos primeiros minutos, onde novamente ningún equipo dominaba o balón, Hermelino decidiu facer trocos, sacando do campo a Campovello e Portela e dando entrada no seu lugar a Lucas e Alberto, transcorría o minuto 12 de xogo, deste 2º período. Pero o San Antonio non se rendía e seguía a chegar a porta do Mondoñedo, así a saída dun corner, e tras o rexeite da defensa visitante, un xogador do San Antonio colleu o balón case no medio campo e lanzou a área mindoniense, o seu disparo entrou pola escadra da meta de Adrián, e puxo o 1-2 no minuto 20, o partido tiña tintes de cambiar.

So durou un minuto a ledicia na escadra local, o Mondoñedo sacou de centro, e logo dunha xogada conseguiu un corner. O lanzamento do mesmo atopou un rematador no area, ¿Adiviñades quen? Pois sí, o incombustible Noly, cun gran remate de cabeza volveu a darlle 2 tantos de renta ao Mondoñedo, a par que a tranquilidade precisa, para afrontar o resto de partido. Este gol a postre foi moi importante xa que o San Antonio a partires de aquí apenas chegou a area do Mondoñedo, un Mondoñedo que se asentou no campo e comezou a tocar e tocar o balón con moito criterio. En base a este bo xogo, chegaron infinidade de ocasións para os de Hermelino, primeiro foi Jacobo o que marcou, ainda que o colexiado anulou o seu tanto por un dubidoso fora de xogo. Pouco despois foi Alberto, no minuto 35 o que poría o 1-4 no marcador; tras unha boa xogada de Ramallal que chegou a liña de fondo, deixou o balón atrás e Alberto perforou a rede. So 2 minutos despois, no 37 de novo Jacobo, pero agora o seu tanto si subiu ao marcador, que golazo! Dende a frontal do area despuxo un gran lanzamento que se coou pola escadra local, foi o 1-5, un resultado que xa sería a postre definitivo. Nembargantes, nestes minutos finais a goleada puido ser maior xa que o Mondoñedo ainda despuxo dalgunha que outra ocasión para ampliar a súa renda no marcador.

O final 1-5, nova victoria e moi boas sensacións as que nos deixou neste encontro o Mondoñedo. Un Mondoñedo que na vindeira xornada descansará, e será espectador de excepción, dende a 1ª praza, do que fagan os seus rivais.

Datos:

Aliñación: Adrián – Rosendo – Pepe – Miguel – Álvaro – Campovello – Carro – Noly – Ramallal – Portela e Jacobo

Trocos: Lucas e Alberto por Campovello e Portela (min 12 2ª parte)

Céspede: Municipal Luis López Gorgoso de Lugo. Tapete artificial. Moi rápido pola chuvia. Escasa presenza de aficcionados

Lesións: o porteiro do San Antonio, tivo que ser sustituido sobre o minuto 26 da 2ª metade. Desexamoslle unha pronta recuperación.

©Marcos Candia