Mondoñedo FC, “O soño do ascenso”

Esta semana o Mondoñedo FC dispón da súa xornada de descanso correspondente a primeira volta do grupo 11 da 3ª rexional galega. Con tal motivo desde “Cultura e Ocio” queremos facer unha pequena análise do que vai de liga ata o de agora para os mindonienses, un total de 10 xornadas.

Como xa saberedes, se seguides este blog, ou se estades ao tanto da actulidade do Mondoñedo FC, que o equipo de Hermelino é líder do seu grupo, invicto, tras 10 xornadas, con 26 puntos, colleitados en 8 victorias e 2 empates. Ademáis a súa condición de invicto, dalle dereito a poder decir que é o único equipo da nosa provincia con tal récord actualmente.

Durante estas 10 xornadas de liga, puidemos verlle varias caras ao Mondoñedo; desde un equipo arrollador, como no 6-0 fronte ao Cazás, pasando por un equipo que quere e non é capaz, tal como se viu no seu empate 1-1 no terreo do Folgueiro; pero secadra o peor Mondoñedo da tempada, vímolo no Viñas da Veiga, fronte o Celta Barreiros, onde os de Hermelino non foron capaces de pasar do empate a 2-2 goles, un empate, que recordando aquel partido, ven puido ser unha victoria se o Mondoñedo aguantase a súa renda no marcador, no que estivo ata en dúas ocasións por diante, cabe recordar tamén que o primeiro gol do Barreiros veu precedido dun dubidoso penalty sinalado polo colexiado. Ademáis este empate significou a primeira perda de puntos do Mondoñedo na tempada.

Tras aquel partido fronte o Celta Barreiros, chegou o xa comentado empate en Folgueiro, os dous partidos seguidos, o bache do Mondoñedo neste 1º tramo de liga. En Folgueiro os mindonienses tiveron ocasións, e por xogo, mereceron saír de alí cunha goleada ao seu favor, pero o fútbol, caprichoso como é, so lles deu un punto.

Pero o resto de partidos, 8 polo de agora, foron victorias para o Mondoñedo, e todas dende a primeira ata a última con merecemento. As máis difíciles de conseguir foron a da 1ª xornada fronte o Goiriz, onde o Mondoñedo gañou por 3-2, nun partido marcado polo forte vento que sopraba no Viñas da Veiga; a victoria en Viveiro, no campo do Galdo por 0-1, nun partido que o Mondoñedo mereceu gañar, pero que non pasará a historia polo seu bo xogo; e por último, a victoria do Mondoñedo por 3-4 fronte o Abadín na cancha deste último, un gran partido de fútbol, entre os dous equipos que por aquel entonces estaban invictos na liga, e foi capaz o Mondoñedo de gañar a domicilio ademáis facendo un grandísimo partido, se cadra con maior valor, tras xogar un bo treito da segunda metade con un home menos.

Dende aquel partido fronte o Abadín pasaron outras dúas xornadas, onde o Mondoñedo se enfrontou a equipos da parte baixa da táboa, por un lado o xa comentado 6-0 na casa fronte o colista, o Cazás, e por outro lado, na última xornada, a victoria en Lugo, fronte o San Antonio por 1 gol a 5. As outras victorias do Mondoñedo foron o 0-2 colleitado na cancha do Codesido, o 3-1 fronte o Momán no Viñas da Veiga e por último o 4-1 fronte o Roupar tamén en Mondoñedo.

31 goles a favor por 11 en contra, equipo máis goleador da liga e 4º que menos goles recibe empatado co Abadín. Grazas a estos números o Mondoñedo é o líder da categoría.

Agora toca descansar, e ver dende o alto da táboa o resto de partidos. Da xornada desta fin de semana vamos destacar, por riba de todos, o partido que enfrontará ao Ourol e o Abadín. O Ourol, é o equipo menos goleado da liga, tan so lle marcaron 8 goles, e recibe a visita dun Abadín 2º na táboa, que ira a pola victoria, para, de conseguila, poñerse a tan so 1 punto do líder, o Mondoñedo.

Na vindeira xornada, os de Hermelino volverán a competición recibindo a visita doutro dos “gallitos” da categoría, o San Román de Cervo, que agora mesmo ocupa a 3ª praza con 20 puntos, a 6 do Mondoñedo, que poderían ser 3 se gaña o seu partido desta xornada, na que recibirá a visita do San Antonio.

E vos, ¿Que creedes, ascenderá o Mondoñedo? Deixamosvos aquí unha enquisa sobre a vosa opinión acerca desta tempada, se pensades ou non, que o Mondoñedo será capaz de lograr o ansiado ascenso.


Dende “Cultura e Ocio” queremos despedir esta breve análise, desexando a mellor das venturas nas xornadas vindeiras ao Mondoñedo, e que o soño do ascenso se faga unha realidade, por outra parte ata o de agora, ben merecida.

E por último, agradecer a todos os que forman a familia do Mondoñedo FC, directivos, corpo técnico e xogadores, polas facilidades dadas a un servidor para facer as previas e crónicas de cada xornada de liga. MOITO ÁNIMO CHAVALES. E FORZA MONDOÑEDO.

©Marcos Candia

2 thoughts on “Mondoñedo FC, “O soño do ascenso””

Os comentarios están pechados.