A previa: “Mondoñedo FC – CD San Román”

Volve a competición oficial para o Mondoñedo FC, logo de desfrutar a pasada semana, da súa xornada de descanso.

Nesta xornada, visitará o Viñas da Veiga, o San Román, actualmente 3º clasificado, vamos xa coa Previa do partido.

Mondoñedo FC – CD San Román

Domingo 25 de novembro as 16:15 h

Campo de fútbol: Viñas da Veiga, Mondoñedo

Colexiado: D. Pablo Polo Fernández

O Mondoñedo FC, volta a competición coa mente posta en conseguir unha nova victoria e seguir como único equipo invicto da provincia (2ª, 3ª, preferente e rexionais); en fronte o San Román, 3º clasificado e duro rival, do que, a continuación vos mostramos a estadística de resultados do que vai de liga.

O equipo de Vilastrofe, Cervo, chega a Mondoñedo na 3ª posición da táboa clasificatoria, con 23 puntos, os mesmos que o Abadín 2º, pero con un partido máis, na vindeira semana, o San Román descansará.

Os 23 puntos do San Román, repártense en 7 victorias e 2 empates, pola contra sufrio tamén 2 derrotas. As súas victorias foron como local fronte o Pol por 2-1, o Codesido por 3-1, o Folgueiro por 6-0 e na última xornada fronte ao San Antonio por 5-0. Destas victorias como local do San Román, podemos destacar as colleitadas fronte o Pol 4º da liga e o Codesido, actualmente 6º. Como visitante conqueriu as seguintes victorias: no campo do Momán por 1-2, en Roupar por 0-1 e en Cazás, na cancha do colista por un axustado 2-3. Os dous empates que locen as súas estatísticas foron fronte o Goiriz como visitante e fronte o Celta Barreiros tamén como visitante, ambos por 0-0. E por último as súas duas derrotas foron ambas no seu campo, fronte o NR Galdo por 1-2 e fronte o 2º clasificado o Abadín, por 2-3, nun partido moi axustado no que o San Román mereceu máis ao final.

Deberá ter coidado o Mondoñedo co seu vindeiro rival, un San Román con xogadores moi veloces, e cun gran xogo por alto a balón parado. Ademáis o equipo de Vilastrofe ven coa necesidade de puntuar ao Viñas da Veiga, para non perder o tren de cabeza, xa que recordamos, que na vindeira xornada descansarán.

Pola súa parte o Mondoñedo FC, chega a este partido logo de desfrutar dunha semana de descanso. Falamos con Hermelino, que como xa comentabamos, avisounos do perigo do rival deste domingo, “O San Román é un equipo moi bo, tal e como demostra a súa actual clasificación; táctica e físicamente a par de moi fortes e veloces arriba. Para gañarlles debemos estar ao 120×100”.

O míster mindoniense tamén nos facilitou a convocatoria para este partido, da cal se cae por lesión Fabián e por decisión técnica: Lucas, Juan e Daniel; co cal os xogadores convocados son:

Adrián – Rosendo – Álvaro – Pepe – Miguel – Felipe – Noly – Carro – Ramallal – Alberto – Jacobo – Jesús – Campovello – Portela – Manuel e Genito.

Ademáis como xa sabedes en “Cultura e Ocio” temos aberta unha enquisa, para saber a vosa opinión sobre se o Mondoñedo FC manterá o seu bo ritmo de puntos e logrará o ascenso final.


©Marcos Candia