Frío empate no Viñas da Veiga

O Mondoñedo voltou a competición logo da súa xornada de descando.

O Viñas da Veiga foi testigo do terceiro empate do Mondoñedo no que vai de liga. Comezaba o encontro con ambos equipos sabedores de que onte sábado, o Abadín perdeu na cancha do Pol por 2-1 un resultado que favorecía a ambas escadras. 

O partido foi como se esperaba moi duro con ambos equipos empregándose a tope en cada balón e con moito xogo no medio do campo. Durante os primeiros minutos de partido o equipo local saiu mellor plantado no terreo de xogo pero o San Román pouco a pouco foi igualando as forzas e o partido xogábase na súa maioría no centro do campo, sen ocasións claras por ningún dos dous bandos, nin Mondoñedo nin San Román eran capaces de impor o seu estilo. Xa nos últimos minutos deste período o Mondoñedo despuxo de 2 ocasións para irse ao descanso con vantaxe no marcador, ambas de Ramallal. A 1ª no min 39 tras un gran pase de Carro para o rápido Ramallal que driblou ao porteiro pero o seu lanzamento final foise lamendo o pau e no último min deste período Ramallal atopouse cun balón morto na liña da área pequena pero o porteiro do San Román fíxose con el ante o empuxe do rápido xogador local. Chegábase ao descanso dun partido moi igualado en todos os aspectos, como non tamén no marcador 0-0.

A segunda parte iniciábase cun cambio para o Mondoñedo, quedaba no vestiario Alberto e entraba no seu lugar Portela. Este tempo comezou cunha boa ocasión para Noly, que de falta directa mandou o balón perto dos paos da porta do San Román. Pero esta segunda parte foi case unha copia da primeira. Sae mellor o Mondoñedo pero pouco a pouco o San Román aséntase no céspede e as forzas igualanse. Os visitantes no minuto 15 despuxeron dunha boa ocasión a saída dun córner pero o balón o final foise fora. Hermelino despuxo máis cambios no ataque do Mondoñedo dando entrada a Manuel por Felipe e máis tarde a Jesús por Ramallal, para o final ver o Mondoñedo volcado na porta visitante pero sen o acerto preciso para perforala. Dominio final dos locais e varias ocasións ser acerto. Nos últimos minutos o xogo estaba máis tempo parado que co balón en movemento, xa fose por cambios no San Román ou por faltas. Cabe destacar aquí a mala actuación arbitral que se viu hoxe no Viñas da Veiga, para ambos lado, deixando en moitos momentos que os xogadores se empregaran con excesiva forza. No último minuto de partido o colexiado expulsou por dobre amarela na mesma xogada, e ambas por protestar, a Manuel, que ademáis para o noso criterio tiña razón, xa que acababa de sufrir unha dura falta e so pedía castigo para o xogador do San Román.

Con este punto o Mondoñedo segue líder, e invicto, pero ademáis hoxe rompe unha racha, por primeira vez este ano os homes de Hermelino non foron capaces de marcar gol en todo o partido.

Líderes con 27 puntos, seguidos, precisamente do San Román con 24 puntos e que deberá descansar a vindeira xornada,  e terceiro queda agora o Abadín con 23 puntos trala súa derrota en Pol, un Pol que queda agora 4º con 22 puntos, 5º é o Ourol con 20 puntos e 6º completando os postos de Play Off queda o Celta Barreiros con 18 puntos empatado co Folgueiro 7º.

Na próxima xornada o Mondoñedo visitará Viveiro para medirse ao Praia de Covas no seu céspede artificial.

Datos:

Aliñación: Adrián – Rosendo – Álvaro – Pepe – Miguel – Felipe – Carro – Noly – Alberto – Ramallal e Jacobo 

Trocos: Portela por Alberto (no descanso), Manuel por Felipe (min 27 2ª parte) e Jesús por Ramamalla (min 32 2ª parte)

Campo: Viñas da Veiga. Terreo de xogo que se resintiu ao final do encontro con zonas con bastante déficit de céspede. Sobre 30 persoas na grada. Tarde fría de fútbol. 

Deixamosvos aquí tamén a enquisa que temos aberta sobre se considerades que o Mondoñedo manterá este bo ritmo de puntuación e conseguirá o ascenso final a 2ª rexional.



©Marcos Candia

One thought on “Frío empate no Viñas da Veiga”

Os comentarios están pechados.