Unha xenialidade de Noly da os tres puntos ao Mondoñedo

Nova victoria para o Mondoñedo, desta volta en Viveiro fronte ao Praia de Covas, nun partido decidido por un golazo de Noly.

O partido presentábase importante para o Mondoñedo que saiu ao municipal de Viveiro dominando dende o primeiro minuto. Pero este dominio foi so un espellismo que durou os primeiros 20 minutos. No min 21 o Praia de Covas tivo un gran ocasión que foi desbaratada por Adrián cunha boa intervención. Dende aquí o partido pasou a ser de ida e volta, con ocasións para ambos equipos, Miguel a saída dun córner do Mondoñedo mandou o balón lamendo o pao. Pola súa parte os locais melloraron a súa posición sobre o terreo de xogo e foron capaces de frear ao líder, un Mondoñedo que hoxe non fixo un bo partido. A primeira parte rematou co 0-0 inicial no marcador, e con un sabor de boca amargo, xa que os locais puideron chegar ao descanso con vantaxe no marcador.

A segunda parte comezou co dominio moi dividido entre ambos equipos pero sen ocasións claras, así ata o minuto 20, donde nun balón en longo o Praia de Covas estivo a punto de marcar, un dos seus xogadores foise por velocidade da defensa e o seu disparo foi repelido por Adrián primeiro e o pao despois, o rexeite deste, colleuno outro xogador do Covas pero mandou o balón por riva da meta mindoniense. No minuto 28 de novo os locais tiveron unha gran ocasión, centro dende a dereita e un xogador so na área pequena rematou fora por pouco, o Praia de Covas estaba tendo claras ocasións para adiantarse no marcador.

A segunda parte chegaba os últimos 15 minutos e parecia que ningún equipo era capaz de marcar. Hermelino neste segundo tempo meteu no campo a Juan e Pepe por Jesús e Lucas, para intentar desnivelar o partido. Pero non foi un home de refresco, foi Noly, no minuto 37, tras unha boa xogada de equipo, o que desnivelou a contenda. Recibiu un balón na esquerda do ataque mindoniense, internouse no área local e cunha preciosa e precisa vaselina, marcou o que a postre sería o tanto da victoria mindoniense, todo un golazo, que salvou os mobles, nun mal partido do Mondoñedo.

De aquí ao final partido sen máis historia, o Praia de Covas intentouno pero o Mondoñedo, xa co gol ao seu favor cortou todos as acometidas locais.

Nova victoria do Mondoñedo, eso sí, nun mal partido dos homes de Hermelino, pero que lles serve para manterse no liderato da táboa e coa mesma distancia sobre os seus rivais. O próximo partido do Mondoñedo será no Viñas da Veiga fronte o Ourol, o equipo menos goleado da categoría, que agora mesmo se asenta nos postos de PlayOff. Dito partido será a fin de semana do 15-16 deste mes, xa que a vindeira, coincidindo coa ponte festiva, non haberá fútbol nesta categoria.

Datos:

Aliñación: Adrián – Rosendo – Campovello – Miguel – Genito – Lucas – Noly – Jesús – Ramallal – Portela e Jacobo

Trocos: Juan por Jesús (min 23 2ª parte) e Pepe por Lucas (min 37 2ª parte)

Céspede: Municipal de Viveiro. Campo artificial en bo estado, rápido pola chuvia. Sobre 50 espectadores na grada



©Marcos Candia

A previa: “AD Praia de Covas – Mondoñedo FC”

Novo partido para o Mondoñedo. Desta volta visita Viveiro, para medirse no municipal a AD. Praia de Covas.

Ad. Praia de Covas – Mondoñedo FC

Sábado 01 de decembro as 18:00 h

Campo de fútbol: municipal de Viveiro (zona pavillón polideportivo)

Colexiado: D. Abraham Vázquez Alemparte

O Mondoñedo FC visita Viveiro, logo do seu empate a 0 goles no último choque fronte o San Román (primeiro partido da tempada no que o Mondoñedo non é capaz de marcar un gol), coa mente posta en volver cos tres puntos e seguir mantendo as distancias na súa privilexiada 1ª praza da táboa clasificatoria.

Enfronte a Ad. Praia de Covas, conxunto que marcha 10º na clasificación con 11 puntos logo da desputa de 12 xornadas. As súas estatísticas móstrannos 3 victorias, 2 empates e 7 derrotas. As súas victorias foron colleitadas fronte ao Ourol, na 1º xornada por 1-0 como local, na 8ª xornada fronte o Folgueiro por 2-3 e na 9 xornada por 1-0 fronte o Roupar. Os 2 empates colleitounos fronte Goiriz por 1-1 e fronte o Cazás por 3-3, ambos como local.  As 7 derrotas que reflicten as súas estatísticas desgránanse do seguinte xeito: 3-2 fronte o Pol, 1-0 fronte o Codesido, 2-3 fronte o Momán, 3-1 co NR de Galdo, 0-3 co Celta Barreiros, 6-0 a súa maior goleada recibida en Abadín e 3-1 en Lugo fronte o San Antonio.

Destes datos observamos que dos 6 partidos que leva desputados como local, tan só colleitou a victoria en 2 deles (fronte o Ourol e o Roupar), noutros 2 empatou (Goiriz e Cazás) e os dous restantes contaos por derrotas (Momán e Celta Barreiros).

Leva exactamente un mes sen coñecer a victoria (4 de novembro gañou por 1-0 ao Roupar), sacando ademáis neste período duas importantes derrotas, o 6-0 en Abadín e o 3-1 en Lugo co San Antonio, penúltimo, ademáis do empate 3-3 contra o Cazás colista.

Pola súa parte, e como xa é costume, Hermelino facilitounos a información relativa a semana do Mondoñedo. Unha semana que transcorreu de xeito normal, pero cunha gran nova, a volta ao grupo de Fabian logo de tres semanas de baixa por lesión. 

Da lista para o partido de hoxe en Viveiro cae por lesión Carro, por sanción Alberto e Manuel e por decisión técnica Álvaro e Dani. 

Deste xeito os futbolistas que viaxan a cidade do Landro son:

Adrián – Rosendo – Fabian – Pepe – Miguel – Genito – Lucas – Noly – Campovello – Juan – Portela – Ramallal – Jesús – Felipe e Jacobo. 

©Marcos Candia