A previa: “AD Praia de Covas – Mondoñedo FC”

Novo partido para o Mondoñedo. Desta volta visita Viveiro, para medirse no municipal a AD. Praia de Covas.

Ad. Praia de Covas – Mondoñedo FC

Sábado 01 de decembro as 18:00 h

Campo de fútbol: municipal de Viveiro (zona pavillón polideportivo)

Colexiado: D. Abraham Vázquez Alemparte

O Mondoñedo FC visita Viveiro, logo do seu empate a 0 goles no último choque fronte o San Román (primeiro partido da tempada no que o Mondoñedo non é capaz de marcar un gol), coa mente posta en volver cos tres puntos e seguir mantendo as distancias na súa privilexiada 1ª praza da táboa clasificatoria.

Enfronte a Ad. Praia de Covas, conxunto que marcha 10º na clasificación con 11 puntos logo da desputa de 12 xornadas. As súas estatísticas móstrannos 3 victorias, 2 empates e 7 derrotas. As súas victorias foron colleitadas fronte ao Ourol, na 1º xornada por 1-0 como local, na 8ª xornada fronte o Folgueiro por 2-3 e na 9 xornada por 1-0 fronte o Roupar. Os 2 empates colleitounos fronte Goiriz por 1-1 e fronte o Cazás por 3-3, ambos como local.  As 7 derrotas que reflicten as súas estatísticas desgránanse do seguinte xeito: 3-2 fronte o Pol, 1-0 fronte o Codesido, 2-3 fronte o Momán, 3-1 co NR de Galdo, 0-3 co Celta Barreiros, 6-0 a súa maior goleada recibida en Abadín e 3-1 en Lugo fronte o San Antonio.

Destes datos observamos que dos 6 partidos que leva desputados como local, tan só colleitou a victoria en 2 deles (fronte o Ourol e o Roupar), noutros 2 empatou (Goiriz e Cazás) e os dous restantes contaos por derrotas (Momán e Celta Barreiros).

Leva exactamente un mes sen coñecer a victoria (4 de novembro gañou por 1-0 ao Roupar), sacando ademáis neste período duas importantes derrotas, o 6-0 en Abadín e o 3-1 en Lugo co San Antonio, penúltimo, ademáis do empate 3-3 contra o Cazás colista.

Pola súa parte, e como xa é costume, Hermelino facilitounos a información relativa a semana do Mondoñedo. Unha semana que transcorreu de xeito normal, pero cunha gran nova, a volta ao grupo de Fabian logo de tres semanas de baixa por lesión. 

Da lista para o partido de hoxe en Viveiro cae por lesión Carro, por sanción Alberto e Manuel e por decisión técnica Álvaro e Dani. 

Deste xeito os futbolistas que viaxan a cidade do Landro son:

Adrián – Rosendo – Fabian – Pepe – Miguel – Genito – Lucas – Noly – Campovello – Juan – Portela – Ramallal – Jesús – Felipe e Jacobo. 

©Marcos Candia