A previa: “SD Valadouro – Mondoñedo FC” amistoso

Valadouro e Mondoñedo miden forzas esta fin de semana, nun amistoso, coincidindo co parón da competición oficial.

SD Valadouro – Mondoñedo FC

Domingo 9 de decembro as 16:00 h

Campo de fútbol: O Árbol (O Valadouro)

Esta fin de semana, coincidindo coa ponte festiva, a competición oficial sofre un parón tanto na 2ª como na 3ª rexionais, categorias nas que militan a SD Valadouro e o Mondoñedo FC respectivamente. Ambos equipos chegaron a un acordo para a desputa dun partido amigable, será este domingo, no campo de fútbol de O Árbol, no Valadouro as 16:00 h.

A este partido o equipo local, O Valadouro, chega tras unha victoria balsámica, conseguida na última xornada fronte a AD Matela por 3-1. Decimos balsámica, porque o equipo de Ferreira levaba 4 xornadas seguidas perdendo. Ademáis este cambio de dinámica coincidiu tamén co cambio de adestrador, xa que agora na escadra do Val do Ouro atopamos a Gayol, un dos técnicos con máis experiencia na Mariña Lucense.

Pola súa parte o Mondoñedo de Hermelino, segue no máis alto da táboa na 3ª rexional, trala súa última victoria en Viveiro fronte o Praia de Covas por 0-1. O cadro mindoniense terá unha boa pedra de toque neste partido, onde prácticar o seu fútbol contra un conxunto de superior categoría, unha 2ª rexional que agardemos, defenda a próxima tempada o Mondoñedo FC.

Para este encontro Hermelino infórmanos que conta con todo o seu plantel de xogadores, ao tratarse dun partido amigable non haberá límite de convocados nin de trocos.

©Marcos Candia