Empate no Valadouro

Valadouro e Mondoñedo desputaron na tarde de hoxe un amigable no campo de “O Árbol” nas terras de Ferreira, con resultado final de 4-4.

Foi un partido cunha parte para cada equipo, o 1º período tivo un claro dominio do equipo local, dirixido por Gayol. O Mondoñedo cometeu innumerables erros, con moitas dificultadas para sacar o balón dende atrás e tamén para mover entre liñas, non sendo capaz de conxuntar o seu xogo ata case o final deste tempo. O Valadouro no tardou en marcar, no minuto 10 entrada pola banda dereita, centro a área pequena e remate de cabeza, que supuxo o 1-0, nun erro de marcas por parte da defensa mindoniense. Dende este gol o Valadouro tivo varias ocasións máis para ampliar a súa renda, pero os seus xogadores en punta non estaban acertados. Sen embargo o Mondoñedo, no minuto 30 despuxo da súa 1ª ocasión clara, e non a desaproveitou. Alberto foise por velocidade do seu par, internouse na área e marcou o empate a 1-1, quedaba un cuarto de hora para o descanso. Pouco durou a ledicia do empate, so cinco minutos, no 35 os locais voltaron a adiantarse no marcador, grazas a un penalti sinalado por falta dentro da área de Miguel. Con este resultado chegouse o descanso, un descanso que cambiou por completo o panorama no campo.

Dende o 1º minuto da reanudación puidemos ver un Mondoñedo moito máis centrado no campo, combinando e chegando a meta rival como nos ten acostamados esta tempada. Pero de novo un penalti en contra, no minuto 7, ampliaba a renda a favor do equipo local, 3-1. Hermelino deu entrada no campo a Noly por Dani no minuto 15 de xogo para tentar gañar dominio no medio campo. Dani deste xeito, debutou como xogador do Mondoñedo, ademáis como titular, desfrutando de 60 minutos nos que se desgastou físicamente e deixou constancia das súas cualidades. Co Mondoñedo dominando por completo o xogo chegaron os goles, no min 21 Manuel marcou tras un potente disparo cruzado dende a frontal do área, era o 3-2. Tan so 2 minutos despois, no 23, de novo Manuel puxo as táboas no marcador; foi un gol de picardía do veloz xogador mindoniense. O colexiado sinalou unha clara falta cometida sobre Alberto cando encaraba so o porteiro local, no lanzamento da mesma, ante a pasividade do Valadouro para pedir a barreira, e a distración do seu porteiro, Manuel disparou a porta e marcou o que sería o 3-3. O último tanto do Mondoñedo, foi obra, de novo, de Alberto, no minuto 34, e unha vez máis aproveitando a súa velocidade, foise do seu marcador, internóuse no área e cun potente disparo puxo por diante, por primeira vez no partido o Mondoñedo, 3-4. Todo parecia indicar que a victoria neste amigable sería para o Mondoñedo, xa que neste punto os homes de Gayol estaban a merced do fútbol mindoniense; pero facendo xustiza ao visto na 1ª parte, no min 40 un xogador do Valadouro, cun gran disparo dende o lateral esquerdo da área de Adrián, marcou todo un golazo pola escadra, poñendo así o definitivo 4-4 no marcador.

Tras este amigable, o Mondoñedo, voltará a competición a vindeira fin de semana, nun difícil partido no Viñas da Veiga, enfronte estará a SD Ourol, o equipo menos goleado da liga, que marcha 5º na táboa con 23 puntos a 7 do Mondoñedo.

Datos:

Aliñación: Adrián – Fabián – Miguel – Genito – Álvaro – Campovello – Lucas – Dani – Jesús – Alberto – Manuel

Trocos: Noly por Dani (min 15 2ª parte) e Valea por Jesús (min 33 2ª parte)

Campo: céspede irregular, moi brando e con zonas donde o balón circulaba con moita dificultade. Sobre 30 persoas na grada.



©Marcos Candia

Unha reflexión sobre “Empate no Valadouro”

Os comentarios están pechados.