A previa: Mondoñedo FC – SD Ourol

A liga volta o Viñas da Veiga, último partido oficial do 2.012 para o Mondoñedo FC, e penúltimo da 1ª volta da liga. Visita a cancha do líder a SD Ourol.

Mondoñedo FC – SD Ourol

Domingo 16 de decembro as 16:00 h

Campo: Municipal Viñas da Veiga, Mondoñedo

Colexiado: D. Adrián Álvarez Ignacio

Chega o campo de Mondoñedo un dos equipos menos goleados da liga con tan so 11 goles en contra os mesmos que o Mondoñedo, 21 goles a favor e 23 puntos, ocupando a 5 plaza da táboa clasificatoria, en postos de PlayOff e a 7 puntos do líder, o Mondoñedo.

Importante partido o que teñen nesta xornada os homes de Hermelino; penúltima xornada da 1ª volta (o último sera xa no 2.013 diante da SD Pol), e fronte a un dos equipos que se espera pelexe ata o final polo ascenso.

O Ourol, como apuntan os seus números, é un equipo moi forte defensivamente, pero ademáis, dos 6 primeiros da liga, é o 2º con menos goles ao seu favor (21 tantos, so por diante do Barreiros que marcou 19 e ocupa a 6ª praza), polo que os seus partidos se deciden case todos con resultados moi axustados. Conta con 7 victorias, 2 empates e 3 derrotas, ademáis da respectiva xornada de descanso da que xa desfrutou. Das súas victorias destacamos a colleitada fronte o Pol por 2-1, equipo tamén da parte alta da táboa, ademáis foi un dos poucos equipos da liga capaz de sumar puntos diante do Abadín logo do seu empate 1-1 colleitado como local diante deste equipo da Terra Cha. As súas tres derrotas chegaron contra o Praia de Covas por 1-0 na 1ª xornada de liga, fronte o Celta Barreiros por 2-1 e fronte a UD Folgueiro por 1-2 estas dúas seguidas nas xornadas 8 e 9 respectivamente. Dende aquela, o Ourol non coñece a derrota, máis dun mes invicto no que sumou 2 empates (co Roupar e o xa comentado co Abadín) e 2 victorias (fronte o San Antonio e o Cazás, penúltimo e último da clasificación).

Pola súa parte o Mondoñedo segue líder, e invicto trala súa última victoria en terras de Viveiro fronte o Praia de Covas por 0-1, victoria na que Ramallal sufriu unhas pequenas molestias que fan imposible que Hermelino poda contar con el para esta semana. Do mesmo xeito o míster tampouco poderá contar con Pepe que se lesionou durante un entreno semanal. Juan e baixa por motivos persoais. Entra na convocatoria Carro, xa recuperado dos seus problemas físicos e tamén Dani, que con esta terá a súa primeira convocatoria en partido oficial co Mondoñedo. Hermelino avísanos do difícil que resulta batir ao rival, e ademáis pon especial atención no céspede do Viñas da Veiga, onde considera que tralas chuvias acaecidas será difícil desenrolar o xogo que o Mondoñedo acostuma. De todos os xeitos, o preparador mindoniense atópase esperanzado en conquerir os tres puntos que cerren así un bo ano para o Mondoñedo FC.

Con estos datos, a convocatoria do Mondoñedo para este partido quedaría do seguinte xeito, con 17 homes, a falta de que Hermelino faga un descarte final:

Adrián – Rosendo – Dani – Campovello – Miguel – Carro – Genito – Lucas – Noly – Felipe – Alberto – Manuel – Álvaro – Jacobo – Fabián – Portela e Jesús.



©Marcos Candia