Mondoñedo FC, “O soño do ascenso II”

Fai un mes, o 16 de novembro, publicábamos en “Cultura e Ocio” un artigo co título “Mondoñedo FC, “O soño do ascenso””, nel analizabamos as 11 primeiras xornadas da liga, coincidindo coa xornada de descanso para o equipo da cidade mindoniense, 11 xornadas inmaculadas nas que o Mondoñedo non coñecia a derrota. Hoxe, en plenas vacacións de Nadal, deportivas, Cultura e Ocio, ofrécevos o resultado da enquisa que tivemos aberta, precisamente dende aquel artigo, e ata hoxe, donde o Mondoñedo foi capaz de manter a súa invatibilidade,  na que se preguntaba a todos os lectores o seguinte:

“Danos a túa opinión, ¿Conseguirá manter a súa boa tempada o Mondoñedo, e lograr o ascenso?”

En total contabilizamos 45 votos, que reflexan un resultado aplastante, a aficción confia plenamente no Mondoñedo; 41 votos ao “SÍ” (un 91,11 %) e tan so 4 votos ao “NON” (un 8,89%).

Dende “Cultura e Ocio” queremos dar as grazas a todos os que co voso tempo, participástedes na enquisa neste último mes, e fixéstedes posible esta estatística.

Tamén dar as grazas, unha vez máis, ao Mondoñedo FC, a todo o seu estamento, en especial ao seu adestrador, Hermelino, polas facilidades dadas a un servidor, partido tras partido, para elaborar toda a información referente aos adestramentos, descartes e convocatorias semanais.

Ogalla este Nadal sirva para fortalecer o bo xogo, a unión e compromiso do vestiario e cadro técnico do Mondoñedo e así lograr o desexo final do ascenso.

©Marcos Candia