A Previa: SD Pol – Mondoñedo FC

O ano novo volta con fútbol. O Mondoñedo xoga a última xornada da 1ª volta rendendo visita a SD Pol, actualmente 2ª clasificado.

SD Pol – Mondoñedo FC

Domingo 6 de xaneiro as 16:00 h

Campo de fútbol: Manuel Luna, Pol (info sobre como chegar aquí)

Colexiado do encontro: D. Álvaro Valín González

Volta a competición para os homes de Hermelino, última xornada da 1ª volta, en caso de sumar puntos na súa visita a Pol, o Mondoñedo fechara esta volta da liga como equipo invicto, puntuando en todos os encontros, dende xa, é o único da provincia que mantén esa honra.

Pero enfronte estará un duro rival, a SD Pol, un equipo que actualmente ocupa a 2ª praza da táboa clasificatoria e que conta por victorias todos os partidos que desputou ata o momento como local. Está será a xornada 15ª, repasamos a traxectoria do Pol ata chegar aquí:

Nove victorias, un empate, tres derrotas e unha xornada de descanso, son os datos que reflexan as estatísticas do rival mindoniense desta semana. Como local, xa indicábamos que o Pol conta todos os partidos por victorias, un total de sete, fronte os seguintes conxuntos: Praia de Covas (3-2), Goiriz (6-1), Momán (2-0), Celta Barreiros (1-0), Roupar (3-2), Abadín (2-1) e Cazás (3-1).

Como visitante, o Pol, ten datos máis dispares, con 2 victorias (en Galdo por 1-3 e en Lugo, fronte o San Antonio por 1-2), un empate (na casa do Folgueiro por 2-2) e as tres derrotas que reflexan as súas estatísticas (en San Román, en Ourol e en Codesido, todas elas por idéntico resultado, 2-1).

Pola súa parte o Mondoñedo chega a este encontro logo dun Nadal que serviu aos homes de Hermelino para realizar unha mini-pretemporada coa que afrontar con garantías o resto da competición.

Será un choque difícil para os mindoniense, como xa vimos antes, os datos como local do Pol non invitan para nada o optimismo, con sete partidos e outras tantas victorias; pero o Mondoñedo viaxará mañá coa mente posta en non perder. Para este encontro o técnico mindoniense facilitóunos unha lista con 17 homes, a falta de facer ainda 1 descarte para a convocatoria final de maña, xa que algún xogador ten leves problemas físicos; estes son os 18:

Adrián – Rosendo – Miguel – Campovello – Álvaro – Felipe – Noly – Carro – Lucas – Juan – Jesús – Dani – Alberto – Manuel – Portela – Ramallal e Jacobo.

Dende “Cultura e Ocio”, aproveitamos esta primeira nota deportiva de 2.013, para dar as grazas a todos os que seguides a información do Mondoñedo FC a través deste blog e formades parte xa do mesmo. Un saúdo

©Marcos Candia