Análise: 1ª volta da Liga para o Mondoñedo FC

Este pasado domingo o Mondoñedo FC, como sabedes, desputou o último partido da primeira volta, para elo visitaba a cancha do Pol, 2º clasificado; o resultado final foi de victoria para os locais por 3-0, producíndose así a primeira derrota da tempada para os homes de Hermelino.

Nesta entrada vamos analizar os números do Mondoñedo, nestas primeiras 15 xornadas de Liga, faltan outras tantas para o final, e actualmente o Mondoñedo está na posición envexada por todos, o Liderato.

O Mondoñedo gañou un total de 10 partidos, empatou 3 e perdeu tan so un, o último co Pol, ademáis desfrutou tamén da súa xornada de descanso.

Das súas victorias a máis abultada foi a colleitada no Viñas da Veiga fronte o colista o Cazás, onde o resultado final foi de 6-0 para os homes de Hermelino. Pola contra o resultado negativo máis abultado foi o xa comentado 3-0 fronte o Pol. No Viñas da Veiga o parcial final é de 5 victorias e 2 empates. Como visitantes son 5 victorias un empate e unha derrota.

Un total de 37 goles a favor por 15 en contra, convirten ao Mondoñedo no máximo anotador da categoría seguido polo Abadín con 35 dianas (3º clasificado) e o Pol 33 dianas (2º). Pola contra encaixaron 15 goles sendo así o 3º equipo menos goleado empatado co Abadín, e tan so superado polo Celta Barreiros con tan so 13 goles en contra e o CD San Román con 14. De todos os partidos desputados nesta primeira volta, tan so en dous non foi capaz de marcar o Mondoñedo, o primeiro fronte o San Román  no Viñas da Veiga onde reinou o 0-0 inicial e por último o partido contra o Pol.

En canto aos goleadores mindonienses, vemos que o máximo anotador é Jacobo, pero para este dato deixámosvos unha gráfica:

Estes datos, dende logo, son esperanzadores; de manter a boa liña na 2ª volta o ascenso sería un feito. Quedan pois 15 xornadas por diante, moitos campo difíciles que visitar e moitos rivais duros no Viñas da Veiga. “Cultura e Ocio” intentará estar ahí para informar de cada partido, e ogalla, comentar o ascenso do Mondoñedo FC.

Comeza pois a 2ª volta. SORTE!

@Candia_Marcos