O Mondoñedo FC recupera sensacións a base de goles

Deu comezo a segunda volta da Liga para o Mondoñedo FC. Importante partido o de hoxe no campo do Goiriz, voltar cos tres puntos era case unha obrigación para non ver perigar a 1ª praza da clasificación. Ademáis despois da derrota en Pol, a 1ª da tempada, o Mondoñedo necesitaba recuperar sensacións.

E non defraudaron os pupilos de Hermelino, 1-6 foi o resultado final dun partido marcado polo pésimo estado do céspede de “O Ventiño” en Goiriz polas cuantiosas chuvias caídas.

Comezaba o partido con ambos equipos buscando o seu lugar no céspede, pero a diferencia do último partido, neste o Mondoñedo presionaba e non deixaba pensar aos homes do Goiriz, dende o inicio tentaban os de Hermelino ter o balón e xogar con criterio. Rápido chegaron xa as primeiras ocasións, no minuto 7 Jacobo despuxo da primeira, no man a man co porteiro o balón quedou morto e Jacobo mandouno fora cando tiña toda a porta para el e incluso a Ramallal nunha boa posición para marcar. Pero tan so 2 minutos despois no 9, o empuxe inicial do Mondoñedo tivo a súa recompensa, gol de Portela que dende o lateral do área mandaba un gran disparo cruzado ante o que o porteiro local so puido facer a estatua.

A partir de aquí e no resto da 1ª metade o Mondoñedo tiña o balón no seu poder, pero non era capaz de crear ocasións suficientemente claras, ademáis o campo non permitía moitas concesións, e co paso dos minutos menos. No 18, primeira ocasión para os locais, a balón parado, conseguiron ata 3 saques de esquina seguidos pero ao final a defensa mindoniense sacou o perigo. Cando a 1ª parte agonizaba, no min 40, e de novo a balón parado, o Goiriz conseguía empatar o encontro, foi nun remate de cabeza pegado ao pao. Así chegabamos ao descanso, 1-1, unha primeira parte na que o Mondoñedo podía ir por diante, e na que se sacamos as xogadas a balón parado, o Goiriz non se achegou a meta de Adrián.

A segunda metade comezou cun Mondoñedo en trombra sobre a porta local, no minuto 3 dobre ocasión para Jacobo que non acerta a marcar e no minuto 5 de novo Jacobo, de cabeza, manda o balón fora, estaba negado, ata o momento, cara o gol o punta mindoniense.

Pero seguiron insistindo os do Viñas da Veiga na procura dun gol para adiantarse de novo no marcador, gol que chegou no minuto 8, Portela poñía o 1-2, foi nunha xogada na que Jacobo presionou a defensa local e na liña de fondo sacou un remate a porta que o porteiro do Goiriz despexou e quedou morto para que Portela de cabeza marcara o segundo.

Nada máis sacar de centro de campo, no minuto seguinte, Portela de novo, firmaba o 1-3, a pase de Ramallal. Así, con este terceiro gol, Portela facía o seu hactrick, ainda que o final, non lle deron o balón de recordo… Anécdota aparte, o xogo continuou, pero xa co partido moi ben encarrilado polo Mondoñedo.

No minuto 13, todas as esperanzas do Goiriz de lograr algún punto hoxe, desapareceron, dobre expulsión. A primeira por man dun dos seus xogadores (vía a 2ª amarela), no saque da man, un home do Goiriz adíantase a barreira e o colexiado móstralle cartón, sería tamén a 2ª tarxeta, polo tanto, no mesmo minuto 2 expulsados e partido pechado.

Co Goiriz xa roto e o Mondoñedo volcado no minuto 19 chegou o 1-4. Juan que acababa de entrar ao campo colle un balón na frontal do área, e de certeiro disparo coaa bola por toda a escadra da meta local. A media hora de xogo, sería Jacobo, que por fin conseguía o seu gol, logo de intentalo en numerosas ocasións. Gran centro de Juan e Jacobo de cabeza poñía un contundente 1-5 no taboleiro.

Ainda habería tempo para dous goles máis. Manuel no minuto 32 marcaba, ainda que o colexiado anulaba o seu gol por mans. O definitivo 1-6 foi obra de Álvaro, tamén cun forte disparo dende a frontal do área do Goiriz.

Así pois chegabamos ao final do encontro. Un choque que o Mondoñedo solventou cunha goleada que debe marcar de novo a senda das victorias. O próximo partido será no Viñas da Veiga, a próxima fin de semana fronte o Codesido.

O Mondoñedo queda pois líder con 36 puntos, seguido polo Pol con 31 puntos e un partido menos. 3º é o Abadín con 30 puntos e tamén un partido menos.

Datos:

Aliñación: Adrián – Rosendo – Alberto – Campovello – Miguel – Felipe – Carro – Lucas – Ramallal – Portela e Jacobo

Trocos: Manuel por Portela (min 14 2ª parte), Juan por Lucas (min 16 2ª parte), Álvaro por Ramallal (min 24 2ª parte) e Jesús por Felipe (min 25 2ª parte)

Céspede: O Ventiño. Campo con zonas moi rápidas e outros onde o balón se quedaba parado. Ao final o céspede acabou con moito déficit de herba. Tarde moi fría e chuviosa. Moi poucos aficcionados

@Candia_Marcos

A Previa: CD Goiriz – Mondoñedo FC

Comeza a segunda volta da competición para o Mondoñedo FC. Logo de pechar unha gran primeira volta con tan so unha derrota, o Mondoñedo inicia a segunda fase da liga con todas as aspiracións ao ascenso intactas, e na posición por todos desexada, o liderato.

Para comezar esta segunda parte da Liga o Mondoñedo rende visita o CD Goiriz.

CD Goiriz – Mondoñedo FC

Sábado 12 de xaneiro de 2.013 as 14:00 h

Campo de fútbo: O Ventiño (se queres animar ao Mondoñedo podes ver como chegar ao campo aquí)

Colexiado do encontro: D. Jesús López Fernández

Logo da derrota en Pol o Mondoñedo precisa puntuar en Goiriz, de non facelo, a 1ª praza da liga corre perigo, xa que o Pol está a tan so 2 puntos e o Abadín terceiro a 3.

O rival mindoniense desta xornada marcha no posto 13º da liga con 10 puntos, tras unha primeira volta con 2 victorias, 4 empates e 8 derrotas, ademáis da súa xornada de descanso.

Na primeira volta, na súa visita o Viñas da Veiga, o Goiriz caeu derrotado por 3-2. Pero se analizamos os seus números como local, que xa vemos na gráfica, o Goiriz conta cunha bagaxe de 2 victorias (2-0 co Codesido e 3-1 co Novas Raíces de Galdo), 1 empate (0-0 co San Román) e 4 derrotas (0-1 co Ourol, 1-3 co Folgueiro, 1-3 co Abadín, e na última xornada 2-3 co San Antonio, rival directo na parte baixa da táboa).

Pola súa parte o Mondoñedo chega coa conciencia posta en lograr o triunfo trala derrota en Pol, animados en recuperar o camiño perdido. Hermelino considera o partido de Pol un accidente e espera que neste encontro o Mondoñedo sexa capaz de recuperar o sendeiro da victoria.

Para o choque deste sábado o míster mindoniense convoca os seguintes xogadores:

Adrián – Álvaro – Rosendo – Miguel – Campovello – Carro – Juan – Lucas – Alberto – Ramallal – Manuel – Jesús – Noly – Jacobo – Portela e Dani. 

@Candia_Marcos