O líder suma e segue

Nova victoria para o Mondoñedo. 2-0, repetindo así o resultado da primera volta en Codesido donde tamén gañara o equipo mindoniense co mesmo resultado.

Nun case impracticable Viñas da Veiga, desputouse hoxe un novo partido de liga para o Mondoñedo. Durante os primeiros minutos ambos equipos intentaban posicionarse no campo e xogar o balón, algo que resultou moi difícil. A primeira ocasión para o Mondoñedo chegou no minuto 7, un lanzamento de falta directo de Manuel que foi rexeitado por un defensa na liña de gol. Tan so un minuto despois era Noly o que probaba sorte cun lanzamento dende a frontal do área ben respostado polo meta visitante. Na xogada seguinte de novo Manuel lanzaria dende o lateral do área moi preto dos tres paos. O Mondoñedo intentabao tamén con balóns en longo a espalda dos defensas, pero un rápido Viñas da Veiga imposibilitaba a finalización das ocasións locais. Co paso dos minutos e o pesado do céspede as ocasións foron a menos. No minuto 34 tivo Portela unha clarísima que atopou a gran resposta do porteiro do Codesido. No 36 outra moi clara para Manuel que no remate final manda o balón fora. Así chegábamos ao descanso, logo dunha primeira parte na que o Mondoñedo merecía ir por diante no marcador, pero que non acertou a marcar ningún tanto. Pola súa parte o Codesido limitouse a defender, moi ordenadamente e case non asomou polo área de Adrián.

Na segunda metade o Mondoñedo saíu novamente presionando e buscando a meta rival. No minuto 4 chegou o premio en forma de gol. Jacobo aproveitou un balón na frontal do área e dun certeiro e forte disparo puxo o 1-0 no marcador. O partido estaba xa encarrilado. A partir deste gol o Mondoñedo xogou máis cómodo e o Codesido seguía sen chegar con perigo a meta local. No minuto 15 a defensa mindoniense recuperou un balón, e Manuel, nunha gran contra chegou ata a meta rival co balón pero as forzas o final flaquearon e o seu remate foi ben respostado polo porteiro do Codesido. No minuto 17 era Portela, tras un preciso centro de Álvaro, o que tiña a súa, pero de novo o metal visitante respostaba ben, e mandaba o balón a córner. O segundo gol do Mondoñedo chegou no minuto 36 de xogo. Boa xogada dos homes de Hermelino, que rematou cun pase de Jacobo a esquerda para a internada de Noly na área. Un Noly que dende a metade do área despuxo un gran disparo que se coou pola escadra da meta visitante, un golazo do mago mindoniense.

Nos últimos minutos de partido, e xa co 2-0 no marcador, o Codesido foise arriba, e despuxo de varios corners e lanzamentos dende a frontal do área pero sen maior perigo para a meta local.

O final, 2-0, para o líder. Un Mondoñedo, que a pesares do estado do campo, fixo un gran partido e foi xusto merecedor da victoria. Unha victoria que o afianza no liderato con 39 puntos. Segundo queda agora o Pol con 35 trala súa victoria por 0-1 en Covas. 3º é o Abadín, con 33 puntos, que hoxe caeu derrotado en Barreiros, un Barreiros que queda 4º con 30 puntos. 5º é o Ourol con 29, que descansou e 6º cerrando o PlayOff é o San Román con 28 puntos que nesta xornada suspendeu o seu partido polo estado do campo e o aviso de temporal de onte.

Datos:

Aliñación: Adrián – Álvaro – Carro – Miguel – Alberto – Felipe – Noly – Ramallal – Manuel – Portela e Jacobo.

Trocos: Lucas por Ramallal (min 23 2ª parte) e Fabián por Manuel (min 31 2ª parte)

Campo: Viñas da Veiga. Sobre 30 persoas nas gradas. Tarde fría pero sen chuvia. O céspede en mal estado, moi brando e con moito barro

Gardouse un minuto de silencio por un familiar dun xogador do Codesido

@Candia_Marcos