O Mondoñedo segue firme no liderato

Nova victoria do Mondoñedo. Tres puntos máis da escadra de Hermelino, o líder firme na loita polo ascenso.

Partido o de hoxe en Momán, claramente condicionado, unha vez máis, polo estado do céspede. Un campo de A Veiga con unha gran cantidade de auga e barro, unha superficie irregular e moi pesado, que fixo moi difícil a práctica do fútbol nesta tarde. 

Comezou o partido con un Mondoñedo moi ben prantado, xa dende o inicio intentando ter o balón e chegar a meta local. No minuto sete chegaría a primeira xogada dubidosa, Carro marcaba un gol que sería anulado por posición antirreglamentaria. Tan so dous minutos despois sería Manuel o que tería a súa ocasión, tras un bo pase do mesmo Carro, o balón acabou en córner. Despois destas dúas ocasións iniciais, e a pesar do dominio dos homes de Hermelino, non eran capaces de facer ocasións claras, a dificultade para xogar o balón e o pesado do campo non axudaban. 

Novo tirón do Mondoñedo, que dende o minuto 27 e ata o 34 desta 1ª parte asediou sin parar a portería do Momán. No 27 Manuel estrelaba un lanzamento dende a lateral do área no pao da meta local; no minuto seguinte era Jacobo o que remataba fora unha boa xogada individual. Pouco despois no 32, os homes do Mondoñedo protestaron un posible penalti sobre Portela. No 34, de novo sería Jacobo, que aproveitaba unha indesión da defensa local, esta cede o balón o porteiro e o despexe deste impacta en Jacobo que no rexeite, e dende o chan, mandou o balón lamendo o pao. E por fin, tras estas ocasións, chegaría o primeiro gol. Saque de esquina e remate no frontal do área pequena de Jacobo. Un Jacobo que mandaba o balón o pao e o rexeite do mesmo tras bater no meta local entraba na porta. Era o 0-1. 

O primeiro período remataría así, cunha victoria pola mínima do Mondoñedo, pero cunhas sensacións de que se podería ir ao descanso cunha renda maior no taboleiro. 

O segundo tempo, comezou parecido ao primeiro. No min 3, novamente gol anulado ao Mondoñedo, desta volta a Portela, e como na primeira parte por posición de fora de xogo. Pero este inicio foi so un espellismo, o Mondoñedo non estaba a xogar como no primeiro tempo; foron moitas as imprecisións e as perdas de balón no medio campo, conseguindo así o Momán, achegarse a meta de Adrián en varias ocasións, e incluso dispoñendo de varios saques de esquina nos que levaban perigo a meta do Mondoñedo. No minuto 20 chegarían duas ocasións case consecutivas para Manuel, na primeira mandou o balón fora e na segunda atopou a resposta do meta do Momán. Co paso dos minutos o Mondoñedo volveu a retomar o control do partido e o balón estaba case sempre no campo do Momán, pero non chegaban ocasións claras para cerrar o partido. 

Foi ao final cando chegou o gol definitivo. Pero antes, no minuto 44, Dani tería unha gran ocasión, o seu lanzamentou paseouse por diante da portería local e saiu rozando o pao. No minuto 47 co partido agonizando, Jesús, marcou o definitivo 2-0. Boa xogada persoal de Alberto que deixa o balón a Jesús, este cun tiro cruzado bate o meta local e cerra así o partido. 

Con este resultado o Mondoñedo afiánzase máis na 1ª praza con 42 puntos. Hoxe xogou tamén o Abadín, colleitando un empate a uns en Folgueiro. Con ese resultado o Abadín queda 3º con 34 puntos. 2º é o Pol, con 35 puntos e un partido menos, partido que deberá xogar maña fronte a SD Ourol 5ª clasificada con 29 puntos. Maña tamén será o turno para o Celta Barreiros, 4º clasificado con 30 puntos, enfronte estará o Cazás, último clasificado; fecha os postos de PlayOff o San Román, que terá tamén maña o seu turno fronte o Codesido.

Datos: 

Aliñación: Adrián – Álvaro – Rosendo – Miguel – Alberto – Carro – Felipe – Ramallal – Portela – Manuel e Jacobo

Trocos: Noly por Felipe (min 12 2ª parte), Dani e Jesús por Manuel e Portela (min 23 2ª parte) e Juan por Ramallal (min 31 2ª parte)

Campo: A veiga. Escasa presencia de aficcionados. Campo en moi mal estado, brando, con moita auga e barro, ademáis de irregular

@Candia_Marcos

A Previa: SD Momán – Mondoñedo FC

18ª xornada de Liga no grupo 11 da 3ª rexional galega. O Líder, Mondoñedo FC, visita o campo de “A Veiga” para medirse ao 10º clasificado, o SD Momán. No encontro da 1ª volta desputado no Viñas da Veiga, o marcador final fora de 3-1 para os mindonienses. 

SD Momán – Mondoñedo FC

Sábado 26 de xaneiro as 16:00 h

Campo de fútbol: A Veiga, Momán (fai click aquí para saber como chegar a este campo)

Colexiado: D. Eduardo Feijoo Trigo

A Liga chega a súa fase final. Restan 13 xornadas para o remate, e cada partido cobra vital importancia, os equipos da parte alta non afloxan no seu ímpetu por lograr as prazas de ascenso directo a 2ª rexional.

O rival mindoniense desta xornada e o SD Momán, 10º clasificado con 15 puntos no que vai de Liga, colleitados tras 4 victorias, 3 empates e 9 derrotas; con 21 goles a favor e 28 en contra. Os seus datos, máis polo miudo na estatística:

O Momán so conta con catro victorias no que vai de Liga, e no seu feudo, “A Veiga”, tan so foi capaz de sumar os tres puntos nunha ocasión, fronte o Novas Raíces de Galdo, na 11ª xornada por 2-1. Tres empates tamén como local: 1-1 fronte o San Antonio, 2-2 co CD Goiriz e 1-1 fronte o Cazás. O resto dos partidos como local do Momán cóntanse por derrotas, un total de 4, 1-2 co San Román, 0-2 coa SD Ourol, 2-3 co Folgueiro e 0-2 co Abadín.

As outras tres victorias que colleitou o Momán, no que vai de Liga, correspóndense coas súas visitas a:  Cazás (1-4), Praia de Covas (2-3) e Roupar (1-2).

A pesar de ser un equipo da parte baixa da táboa, observamos como ningún equipo foi quen de conseguir máis de 2 goles no campo de “A Veiga”, agás o Folgueiro, que marcou tres pero rematou cun axustado 2-3 no marcador.

Será unha nova pedra de toque para o Líder. Un Mondoñedo que chega a este partido logo de gañar a pasada semana por 2-0 fronte o Codesido. Para Hermelino este será un partido complicado e importante. Pero o equipo esta mentalizado para volver con algo positivo da súa visita a Momán. 

Para o choque de hoxe, Hermelino facilitounos a convocatoria do Mondoñedo, composta polos seguintes xogadores:

Adrián – Rosendo – Álvaro – Miguel – Carro – Alberto – Fabián – Felipe – Noly – Ramallal – Portela – Dani – Manuel – Jesús – Juan e Jacobo.

@Candia_Marcos